domingo, 10 de abril de 2016

LUEIRO REY 100 ANOS

O DÍA 9 DE ABRIL CUMPRÍRONSE 100 ANOS DO NACEMENTO DE MANUEL LUEIRO REY, ESCRITOR NADO EN FORNELOS.
PARA HOMENAXEALO DECIDIMOS FACER UNHA BIOGRAFÍA LÍRICA CHAMADA " AS 3 PAISAXES DE LUEIRO REY (POEMAS DE NENOS GALEGOS) QUE PODEDES VER NO VIDEO DE ABAIXO.
ESPERO QUE VOS GUSTE.





venres, 8 de abril de 2016

UNHA VISITA MÁXICA

                                                             


E COMO POR ARTE DE MAXIA, APARECEU MARCO, O CURMÁN DE ANTÍA!!!
QUEDAMOS PASMADOS CON TODOS OS TRUCOS QUE FIXO.

martes, 5 de abril de 2016

BENVIDAS FAMILIAS!!!!!!!!!!!

Un ano máis as familias dos nenos e nenas de Infantil veñen ao cole a contarnos unha morea de cousas interesantes. Coa chegada  da primavera, Cristina, a mamá de Saúl e Gael, contounos a conto de "Carapuchiña Vermella". Fíxoo tan ben que queremos que volva outra vez.




Tamara, a curmá de Kayla, leunos o conto dos "Tres Osiños" e aprendemos a diferenza entre distintos conceptos espaciais.


 Cristela, a nai de Alejandro, veu ao cole o falarnos sobre os cabalos, para rematar facendo o noso propio cabalo con corchos.


CONTINUARÁ...

luns, 21 de marzo de 2016

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Vimos de celebrar no cole o Día Mundial da Poesía, e coa axuda do mestre Luís, fixemos un libro en que cada un de nós creou un poema. A verdade é que o libro quedou ben chulo. A quen lle interese lelo, pode velo na biblioteca do cole.
Ademais disto fixemos un "cadáver exquisito"que ven sendo uhna composición poética onde participamos todos os alumnos do cole.
Botádelle un ollo ás fotos e xa veredes que bonito nos quedou!

...
















AQUÍ TEDES O MARABILLOSO LIBRO CREADO POLO ALUMNADO DE PRIMARIA: