domingo, 3 de febreiro de 2019

VISITA AOS VIVEIROS DE SAN FRANCISCO

     O pasado mércores, 30 de xaneiro, os nenos e nenas de infantil e de 1º e 2º de primaria fumos a Vigo, a visitar os Viveiros de San Francisco. 
Unha vez alí, o primeiro que fixemos foi tomar a nosa merenda. Despois da "longa" viaxe no bus tiñamos todos/as moita fame!!!!




     Despois da merenda puxémonos mans á obra. Coñecimos o moito que traballan no centro e ensináronnos o resultado do seu traballo. Quedamos abraiados co tamaño das follas da coliflor, son case tan grandes coma nós!!!!







    Tamén nos ensinaron a plantar sementes e como coidalas para que crezan. Botamos terra, diferentes sementes, regamos...Foi unha experiencia moi divertida!!!!













     Tamén tivemos a oportunidade de plantar no invernadeiro...










    E, finalmente, pasamos un ratiño moi divertido cos debuxos que nos tiñan preparados...






     Foi un día moi especial no que coñecimos a xente marabillosa que nos ensinaron moitísimas cousas. 
Moitas grazas a todos/as polo voso tempo e polo agasallo , prometemos poñer en práctica todo o aprendido!!!
GRAZAS!!!!!


mércores, 9 de xaneiro de 2019

Festival Nadal 2018

Moi nerviosos e nerviosas porque pronto estaremos de vacacións, quixemos despedirnos do ano facendo un festival no que nos esforzamos moito. Picade nos enlaces e veredes que ben actuamos!

Infantil: Volver a casa por Nadal


Panxoliña: Allá por un camino 1º e 2º de primaria




3º de primaria: Manolo



 Acrosport. Piratas do Caribe 5º e 6º de primaria




4º de primaria: Tamborilero



Canción "Me lo pido todo"  5º de primaria



Obra de teatro do alumnado de 6º de primaria







E por último tivemos unha enorme sorpresa coa visita dos Reis Magos aos que lles entregamos as nosas cartas cheas de peticións porque nos portamos moi ben este ano!!











luns, 10 de decembro de 2018

Celebramos o Magosto

O pasado venres comemos unhas deliciosas castañas feitas nun treneciño. Aquí podedes ver algunhas fotos do moito que comemos:

 Despois xogamos en equipos a diferentes xogos tradicionais. Mirade que ben o pasamos!