mércores, 13 de novembro de 2019

SEMENTE VIVA

Presentámosvos un dos proxectos deste ano: Semente Viva. 
Empezamos creando un viveiro forestal onde medrarán especies arbóreas autóctonas, como carballos ou castiñeiros. Para iso formamos un marabilloso equipo, onde cada un aporta o seu grao de area. Mirade como foi o proceso:

O Concello de Fornelos tróuxonos as madeiras coas que construimos as sementeiras.
O alumnado de 6º mediunas e aproveitaron para practicar contidos matemáticos coas estruturas. Disfrutaron moito ese día!







Algunhas familias botaron unha man na construción das sementeiras. Tamén aportaron moita enerxía e ideas a este lindo proxecto.  Mirade que bonitas quedaron!



O axente forestal Manuel Ogando tróuxonos terra e un feixe de propostas para facer o resto do ano.

E hoxeee... despois de moitos días de chuvia…. puidemos saír a recoller sementes, por fin!
O profesorado e máis todo o alumnado collimos unha morea de landras, e xa de paso deixamos un pouco máis limpo de lixo o noso monte. Tod@s podemos mellorar o noso entorno!





 Botamos as landras nun caldeiro con auga, as boas afundiron, e as que estaban en mal estado (baleiras por dentro) flotaron na superficie. Así seleccionamos as mellores sementes!




E por último plantámolas nas sementeiras!



Formamos un bo equipo, verdade? Cando colaboramos xunt@s conseguimos o que queremos.
Moitas gracias a todas e a todos!







martes, 5 de novembro de 2019

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Como cada ano, o Samaín forma parte das nosas celebracións do cole. Esta vez fixémolo o xoves 30 cunha xornada de talleres de maquillaxe, pelis de medo e outras actividades.

Durante esa semana, decoramos o cole con vasoiras feitas polos nenos e as nenas e as súas familias. Deixaron o cole terroríficamente bonito!




Durante a mañá pasamos polos talleres de maquillaxe e despois fumos ó salón de actos xa que os compañeiros e compañeiras de 6º e o director Suso, tíñannos unha obra de teatro! 




Pasámolo xenial e disfrutamos moito....só había que ver as nosas caras!








Ao rematar a obra subimos ó escenario a cantar a canción de Halloween que nos ensinou a profe Ana en inglés. 



E para rematar, disfrutamos dunha sesión de cine de medo! con entradas e todo!




ATA O ANO QUE VEN SAMAÍN!

xoves, 24 de outubro de 2019

Día das Bibliotecas Escolares!

Este xoves 24 celebramos o Día das Bibliotecas Escolares no lugar onde vive Chimpalibros...Na biblioteca do cole!!

Xuntámonos todos os cursos para resolver o xogo de pistas que Chimpalibros propúxonos a semana pasada nunha misteriosa carta que entrou pola porta de cada clase.
Nela dicíase que durante esta semana deixaríanos pistas sobre un libro moi famoso co que traballaremos este curso.

Primeiro deixounos unha chistera, despois un globo terráqueo, unha maleta e un mapa do mundo.


Coma neste cole somos moi listos e moi listas, adiviñámolo moi rápido...tratábase do libro "A volta ó mundo en 80 días".
Para celebrar o reto de Chimpalibros, vimos o primeiro capítulo da serie de debuxos sobre este libro escrito por Xulio Verne.


Estamos desexando ver que novas aventuras propondranos Chimpalibros coa aventura de Willy Fog!
Estade atentos e antentas porque vos iremos informando!!




martes, 1 de outubro de 2019

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR

Este luns 30 de Setembro celebramos no cole o Día Europeo do Deporte Escolar cunha xornada de xogos e deportes.

Por equipos estivemos bailando e xogando o Just Dance,  realizamos xogos cooperativos coma o paracaídas e iniciámonos no ioga e na relaxación.

¡Pasámolo xenial!


Educación Infantil




Educación primaria