luns, 21 de marzo de 2016

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Vimos de celebrar no cole o Día Mundial da Poesía, e coa axuda do mestre Luís, fixemos un libro en que cada un de nós creou un poema. A verdade é que o libro quedou ben chulo. A quen lle interese lelo, pode velo na biblioteca do cole.
Ademais disto fixemos un "cadáver exquisito"que ven sendo uhna composición poética onde participamos todos os alumnos do cole.
Botádelle un ollo ás fotos e xa veredes que bonito nos quedou!

...
















AQUÍ TEDES O MARABILLOSO LIBRO CREADO POLO ALUMNADO DE PRIMARIA:

luns, 29 de febreiro de 2016

MANUEL LUEIRO REY. 100 ANOS.

Este próximo 9 de Abril cúmprense 100 anos do nacemento de Manuel Lueiro Rey. Desde o cole queremos coñecer máis a figura deste autor fornelense, polo que traballaremos aspectos da súa vida e obra a través desta actividade interactiva.

sábado, 27 de febreiro de 2016

CHARLA DA CONCA VERDUGO-OITAVÉN

MIGUEL, QUE É GARDA FORESTAL NA NOSA COMARCA, VEU O XOVES A FALARNOS SOBRE A FAUNA E FLORA DOS NOSOS RÍOS.


COMO NOS GUSTOU TODO O QUE NOS CONTOU SOBRE OS ANIMAIS!!!

GRAZAS MIGUEL!!!



...

mércores, 17 de febreiro de 2016

TRIMESTRE DA POESÍA

ESTE TRIMESTRE, DESDE A BIBLIOTECA, PROMOVEMOS O TRIMESTRE DA POESÍA.
XA SE INICIOU O OBRADOIRO DE POESÍA, DA MAN DO MESTRE LUÍS.
ADEMÁIS PROPOÑEMOS UN TRABALLO POR RETOS NO QUE TEREDES QUE RESOLVER DETERMINADAS PISTAS PARA CHEGAR AO OBXECTIVO FINAL.
O PRIMEIRO QUE TEDES QUE FACER É LEVAR PARA CASA UN LIBRO DE POESÍA E... LOGO XA VEREDES...
MOITA SORTE E ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!