martes, 22 de novembro de 2016

VISITA Á ÁREA ARQUEOLÓXICA DE TOURÓN

O pasado venres 11 fomos de excursión e coñecemos a arte rupestre dos nosos antepasados.

Vimos numerosos petróglifos e entramos no centro de interpretación. Gustounos moito!

xoves, 17 de novembro de 2016

Magosto e xogos populares

O vernes 11 de novembro celebramos o Magosto no cole. Comimos castañas que preparou o ANPA, fixemos xogos populares e celebrouse un partido de futbol-sala entre mestres e alumnos. Que ben o pasamos!!!


mércores, 16 de novembro de 2016

SAMAÍN 2016

Polo Samaín traballamos moito. Fixemos unha exposición de cabazas:
Tamén contamos terroríficas historias e conxuros. Ata vimos meigas preparar beberaxes! O alumnado de sexto de primaria prepararou unha obra de teatro que podedes ver no seguinte enlace:
 Para rematar, a clase de sexto de infantil cantou esta bonita canción:

 

SONS DA PREHISTORIA

O alumnado de 6º interpretou a súa propia partitura utilizando sons unicamente producidos co corpo. Abaixo podedes ver as dúas versións. Cal vos gusta máis?