xoves, 21 de marzo de 2019

VISITA AO MUSEO DO MAR (VIGO)

         Os nenos e nenas de Infantil e de 1º e 2º de Primaria, pasamos unha maña moi divertida, na que aprendemos moitas cousas interesantes. Fumos visitar o Museo do mar, en Vigo.
Como tiñamos tantas ganas de estar alí, chegamos un pouquiño antes da hora. Merendamos fóra, polo que puidemos disfrutar dunhas vistas impresionantes. 



    Despois, dividímonos en dous grupos. Os de Infantil foron ver o acuario, e os alumnos/as de Primaria, os obradoiros. 
O acuario foi unha experiencia marabillosa para todos, coñecimos moitos peixes novos e como viven e se alimentan, peixes da costa como os sargos ou as doradas; peixes da ría e incluso, peixes que se atopan preto das Illas Cíes, como as chopas ou as obladas. 
Tamén vimos cousas que non nos gustaron tanto, a cantidade de plástico que as persoas botamos ao mar e que tanto dano fan á nosa fauna mariña. 
So hai que ver as nosas cariñas de ilusión para darse conta do moito que disfrutamos vendo os nosos peixes...














Os obradoiros tamén resultaron ser moi interesantes. Vimos dentes de raia, e quedamos abraiados polo pequenos que son. 
Tamén tivemos a oportunidade de ver e tocar, un fósil, un dente enorme de "megalodón". Vimos a boca dun tiburón...e descubrimos que as algas, cómense!!!!!








Rematamos este día tan estupendo, paseando un ratiño pola praia. Que ben o pasamos!!!!!







xoves, 28 de febreiro de 2019

XOGADE EN PONTECALDELAS

O pasado xoves 21 de febreiro os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º disfrutaron da primeira xornada de xogade deste curso.


Esta celebrouse no CEIP Cordo Boullosa, en Pontecaldelas.


Alí tivemos unha bonita acollida por parte dos alumnos e alumnas así como dos mestres e mestras. 

Xogamos a unha chea de cousas: balonmán, baloncesto, fútbol, xadrez e mesmo xogamos mesturados ambos colexios a un xogo que nos encanta a todos: o Datchball.

O mellor da xornada foi que se celebrou sen incidentes e que o pasamos estupendamente como mostran as fotos que podedes ver a continuación:












DÍA DA PAZ

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ


No CEIP Doutor Suárez tamén conmemoramos o día da paz e a amizade que se celebra o 31 de Xaneiro.


Comezamos xa fai uns días elaborando uns fermosos cadros ó estilo dos que pintaba Kandinsky, moi fermosos e coloridos.

Logo, colocámolos formando un gran cadro na entrada do cole e fixémoslle un marco moi especial, as mans de todos os nenos e nenas do cole así como as dos mestres e mestras estampadas en sinal da paz e a amizade.

Para rematar o cadro, o día da paz, pintamoslle unha pomba enriba coa axuda de dous nenos/as de cada curso e dous mestres. 

Mirade que bonito nos quedou o cadro!













Logo cantamos pola paz unha canción de Pablo Díaz chamada "Día da Paz". Vaia cantantes que temos neste cole!






e para rematar, como vimos xa facendo dende fai uns anos compartimos unha riquísima chocolatada. Que boa que estaba!