martes, 21 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

     A semana pasada celebramos no colexio as Letras galegas, que este ano se adicaron a Antonio Fraguas Fraguas.
Tivemos moitas actividades: contacontos, presentacións coa vida e obra do autor, bailamos, cantamos e ata degustamos produtos típicos da nosa terra, Galicia.
Nestas fotos podedes ver o ben que o pasamos e o moito que aprendemos!!







Grazas a todos os nenos e nenas pola súa colaboración!!

Aquí podedes ver algunhas actuacións. Mirade que ben o fixemos!



Sesión de contos

O pasado mércores, viron Sara e Alex a contarnos uns fermosos contos: Nunú, Elmer e Claudio. Vivimos aventuras, cantamos, bailamos e aprendemos moitas cousas. Pasámolo xenial e esperamos que volten pronto!!

xoves, 16 de maio de 2019

RECITAMOS POESÍAS

  O venres 26 de abril, con motivo da celebración do Día do Libro,  todo o cole fomos á biblioteca. Cada unha das clases tiña preparada unha poesía da autora Yolanda Castaño, do libro "Verdedades". Os nenos e nenas merecen un grandísimo aplauso polo ben que o fixeron. Están feitos/as uns artistas!!!!!

Infantil Primeiro Segundo Terceiro Cuarto Quinto Sexto


E, para rematar, escoitamos unhas poesías moi divertidas da autora Mar Benegas, da súa obra "A lo bestia". 


luns, 13 de maio de 2019

A PLANTAR!!!

      O venres 3 de maio, todo o cole de Fornelos fumos plantar árbores. Foi unha experiencia moi divertida, plantamos carballos, piñeiros...Moitas grazas a Ogando pola súa charla e explicarnos como se facía.
Mirade que ben o facemos!!!




Ata se animaron as/os profes...


Para o ano queremos repetir!!!!