martes, 1 de outubro de 2019

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR

Este luns 30 de Setembro celebramos no cole o Día Europeo do Deporte Escolar cunha xornada de xogos e deportes.

Por equipos estivemos bailando e xogando o Just Dance,  realizamos xogos cooperativos coma o paracaídas e iniciámonos no ioga e na relaxación.

¡Pasámolo xenial!


Educación Infantil




Educación primaria





mércores, 11 de setembro de 2019

O primeiro dia en Infantil

Hoxe empezamos os de 5º e 6º de Infantil, foi un día moi divertido, tiñamos moitas cousas por descubrir: nova clase, nova profe, novos xoguetes... e mañá teremos novos compañeiros. Que ben o imos a pasar este curso.

martes, 21 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

     A semana pasada celebramos no colexio as Letras galegas, que este ano se adicaron a Antonio Fraguas Fraguas.
Tivemos moitas actividades: contacontos, presentacións coa vida e obra do autor, bailamos, cantamos e ata degustamos produtos típicos da nosa terra, Galicia.
Nestas fotos podedes ver o ben que o pasamos e o moito que aprendemos!!







Grazas a todos os nenos e nenas pola súa colaboración!!

Aquí podedes ver algunhas actuacións. Mirade que ben o fixemos!



Sesión de contos

O pasado mércores, viron Sara e Alex a contarnos uns fermosos contos: Nunú, Elmer e Claudio. Vivimos aventuras, cantamos, bailamos e aprendemos moitas cousas. Pasámolo xenial e esperamos que volten pronto!!