martes, 31 de marzo de 2020

VISITA A LOURIZÁN

O pasado 11 de Marzo todo o cole visitamos  o Pazo de Lourizán en Marín, o cal actualmente,  conta cun centro de investigación forestal.

Fixemos un percorrido case completo polos seus xardíns, por un lado, Educación Intantil máis 1º e 2º de primaria visitaron os xardíns, covas e a gran mesa de pedra de Montero Ríos.








Mentres tanto, os maiores e as maiores de Educación Primaria visitamos os invernadoiros de Lourizán, os seus xardíns e incluso ensináronnos a plantar una planta sen semilla, só co seu propio talo. Foi moi interesante!








martes, 17 de marzo de 2020

NA CASA

Bos días!

Os vosos titores e titoras así coma demais mestres do cole, agardamos que estedes tendo uns días agradables e que se vos estén pasando axiña.

Para facelo máis doado, deixámosbos unha plantilla que podedes ben imprimir e cubrir ou escribir nunha libreta para facer un diario sobre como estades levando estes días.

Recordámosvos que na publicación anterior tendes instruccións e recomendacións para pasar estes días e que na páxina web do cole, tendes todos os blogues nos que se colgarán actividades e recomendacións para estes días na esquina da dereita.
Deixámosvos un enlace para acceder á páxina (pinchade enriba dela e xa vos levará):

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdoutorsuarez/

Unha aperta a todos! Vémonos moi prontiño!


venres, 13 de marzo de 2020

Dende o Ceip Doutor Suárez sumámonos ás recomendacións da Xunta e queremos compartir a través do noso blogue algunhas recomendacións para traballar dende casa estes días.

- Repasar os contidos traballados ata o de agora.
- Repasar as táboas de multiplicar.
- Ler algún libro
- Ver películas axeitadas.
- Compartir tempo e conversas coa familia.
- Aprender xogos novos.
- Actividades creativas: debuxar, escoitar música...
- Inventar historias.
- Escribir un diario.
- Facer entrevistas.

Ademáis, cada titoría marcou as súas instrucións que deberán ser seguidas polo alumnado na medida do posible.

Animámosvos a deixar os comentarios que consideredes a través deste blogue (consultas, dúbidas...).

Agardamos volver á normalidade o antes posible e con moitas ganas de retomar todos os proxectos e actividades nas que estamos inmersos.



martes, 10 de marzo de 2020

XOGADE CEIP DOUTOR SUÁREZ - CEIP CORDO BOULLOSA


Este ano inauguramos as xornadas do deporte escolar entre colexios coa visita do Ceip Cordo Boullosa.

Nesta xornada fixemos deportes alternativos como lacrosse, floorball, datchball e xogos de mesa ademais de eliminar a competición ó xogar xuntos/as no mesmo equipo nenos e nenas de ambos colexios, o que favoreceu as relacións sociais entre todos e todas os alumnos e alumnas.

Estas son algunhas das mostras do ben que o pasamos:


LACROSSE









FLOORBALL









DATCHBALL







XOGOS DE MESA






















Ademais tivemos uns animadores de luxo que o deron todo: