Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de febreiro de 2018

Día da Paz

Este ano traballamos moito para celebrar este día. Entre todos e todas fixemos cadeas de pombas. Había de todas as cores, de diferentes materiais e con diversas mensaxes. Quedáronnos moi bonitas!


Seguidamente escoitamos un fermoso conto sobre a vida de Wangari Maathai representado pola clase de 5 anos. Se pinchades no enlace podédelo ver. Temos uns futuros actores e actrices de primeira!

 

 Para descansar e relaxarse un pouco, tomamos un delicioso chocolate feito polas nosas cociñeiras.



Para rematar o día, tivemos una gran sorpresa: A actuación do grupo Mbolo Mooye na que aprendemos a tocar instrumentos de percusión africanos e cantamos e bailamos cancións de diferentes culturas. Pasámolo xenial!!

martes, 31 de xaneiro de 2017

30 de xaneiro

Este ano para celebrar o Día da Paz cantamos todos xuntos  a canción “Cantarola dos nenos” e despois repuxemos enerxías tomando un delicioso chocolate. Mmm... que rico!!