Amosando publicacións coa etiqueta Sogama b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sogama b>. Amosar todas as publicacións
venres, 8 de xuño de 2018
Traballos de reciclaxe
Este ano en inglés, tamén traballamos co proxecta "Fornelízate coa reciclaxe"...Aprendemos un montón de vocabulario!!
Os nenos e as nenas de primeiro ciclo utilizamos o papel reciclado para elaborar a nosa árbore cos versos dun poema de María Victoria Moreno. Reciclamos e reutilizamos!! Obxectivo cumprido!!
As nenas e os nenos de Educación Infantil, na clase de estimulación da linguaxe, fixemos uns xogos con material reciclado (xornais, revistas, botellas de plástico...) para practicar o sopro. Pasámolo moi ben!
Aquí vos deixamos fotos de como fixemos e sopramos:
xoves, 19 de abril de 2018
Visita a Sogama e Santiago de Compostela
O pasado martes fomos coñecer Sogama. Aprendemos moito sobre como axudar ao medio ambiente seguindo os 3R: "Reducir", "Reciclar" e "Reutilizar", e explicáronnos as instalacións.
Leváronnos a ver a zona de tratamento dos residuos moi ben equipados:
Vimos ao pulpo e outras máquinas en funcionamento:
Para calmar a nosa fame, comemos nun parque moi acolledor preto dun río.
Seguidamente montamos no autobús cara o próximo destino: Santiago de Compostela. Para algúns de nós, era a primeira vez que mirabamos a Catedral. No seu interior abrazamos ao Apóstolo e vimos a súa tumba.
Por último, paseamos polas principais prazas antes de voltar ao cole. Pasámolo xenial!
luns, 22 de xaneiro de 2018
Reforestando con landras
Desde o cole estamos colaborando coa reforestación dos montes.
Coa axuda do garda forestal, estivemos plantando landras en bricks que os nenos e nenas trouxeron das súas casas.
Ata a primavera estaremos coidando das nosas sementes e observaremos o seu crecemento. Máis adiante transplantarémolas aos montes da zona.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















