martes, 6 de xuño de 2017

Aprendendo sobre a Batalla de Rande

Para finalizar co estudo da historia do noso contorno, neste trimestre centrámonos nunha época máis próxima.
O noso "dire" explicounos como estaba gobernada España naquel momento e que aconteceu na Batalla de Rande. Aprendemos un montón de cousas!

Tamén vimos uns vídeos que podedes volver ver:

 







Ao rematar coa explicación, fomos ao Museo de Meirande. No exterior, atopamos traballando a unhas redeiras que nos contaron como facían as enormes redes e como as trasladaban aos barcos pesqueiros.




martes, 16 de maio de 2017

Visita de Susa Herrera

O xoves 11 de maio visitounos Susa Herrera e ensinounos moitos animais a ritmo de cancións e con coreografías. Aqui deixamos un pequeno exemplo do que disfrutamos con ela. Moitas gracias.

martes, 9 de maio de 2017

Visita ao Museo Provincial

O pasado martes 25 fomos aprender sobre arte e historia ao Museo de Pontevedra. Ensináronnos cadros, esculturas, muros...e mesmo creamos as nosas propias obras artísticas! Aquí podedes ver algunhas fotos do ben que o pasamos:

martes, 2 de maio de 2017

Idade Media II

A clase de 5º explicounos a música no medievo e bailou unha danza:

 O grupo de 6º investigou sobre a sociedade na Idade Media e intrepretou unha cantiga:


 En clase de inglés aprendimos contos medievais:
E na clase de música estudamos os instrumentos da Idade Media:
As nenas e nenos de cinco anos fixemos murais da Idade Media:
Exposición de armas do medievo realizada polos nenos e nenas de 2º de Primaria: