Amosando publicacións coa etiqueta E. DE EXTRAESCOLARES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta E. DE EXTRAESCOLARES. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de xuño de 2017

Día das Letras Galegas

Este ano o día das letras galegas dedicóuselle ao escritor Carlos Casares.
Recibimos unha interesante charla sobre os traxes e costumes galegas grazas a participación do pai de Eduardo. Despois por cursos expusemos distintos contos de Carlos Casares. Por último, divertímonos no patio con xogos populares galegos. Foi moi divertido!

martes, 6 de xuño de 2017

Visita a Meirande

Neste vídeo podedes ver fotos da nosa excursión ao Museo de Meirande: Centro de Interpretación da Batalla de Rande.

 

Aprendendo sobre a Batalla de Rande

Para finalizar co estudo da historia do noso contorno, neste trimestre centrámonos nunha época máis próxima.
O noso "dire" explicounos como estaba gobernada España naquel momento e que aconteceu na Batalla de Rande. Aprendemos un montón de cousas!

Tamén vimos uns vídeos que podedes volver ver:

 







Ao rematar coa explicación, fomos ao Museo de Meirande. No exterior, atopamos traballando a unhas redeiras que nos contaron como facían as enormes redes e como as trasladaban aos barcos pesqueiros.




luns, 27 de marzo de 2017

Día da árbore

No cole celebramos este día plantando varias árbores coma cereixeiras, pexegueiros, pereiras... Pasámolo moi ben! 





martes, 7 de marzo de 2017

Histórico Entroido

Continuando na liña do Fornelízate pola túa Historia!, decidimos disfrazarnos de nenas e nenos de distintas épocas históricas. Podedes ver desde cavernícolas e exipcios, ata clásicos ou medievais!!.  A que non nos recoñeces?



Paco Nogueiras

Este luns viu Paco Nogueiras a contarnos varios contos. Gustounos moito!!



martes, 15 de novembro de 2016

Castelao

O pasado venres 4, Polo Correo do Vento ofreceunos una charla informativa sobre Castelao. Tamén levamos para casa unha camiseta debuxada por nós dunha caricatura de Castelao. Pasámolo moi ben!

xoves, 18 de decembro de 2014

10 DE DECEMBRO:DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Vimos de conmemorar o día internacional dos dereitos humanos, facendo unha árbore na que recordamos os dereitos que todos temos, polo simple feito de ser persoas.

ESPÉRAMOS QUE VOS GUSTE!!!  

 

mércores, 26 de novembro de 2014

30 DE OUTUBRO: O SAMAÍN

Para celebrar unha festa tan terrorífica coma  a do  SAMAÍN,  traballamos moito e pasámolo xenial:


 NO COLEXIO REPRESENTAMOS A OBRA DE TEATRO:" O SAMAÍN DE FORNELOS"

Esta obra  é unha versión do libro de Carlos e Sabela Labraña: "Indo para o Samaín"

 Puxemos en práctica as nosas artes escénicas, e....

SORPRESA!!!
 A estes rapaces e rapazas non se lles dá nada mal.


MIRADE!!!! MIRADE!!!!









 NA CASA FIXEMOS AS CABAZAS, 

 E LOGO NO COLE:   EXPOSICIÓN E CONCURSO