venres, 8 de xuño de 2018
Traballos de reciclaxe
Este ano en inglés, tamén traballamos co proxecta "Fornelízate coa reciclaxe"...Aprendemos un montón de vocabulario!!
Os nenos e as nenas de primeiro ciclo utilizamos o papel reciclado para elaborar a nosa árbore cos versos dun poema de María Victoria Moreno. Reciclamos e reutilizamos!! Obxectivo cumprido!!
As nenas e os nenos de Educación Infantil, na clase de estimulación da linguaxe, fixemos uns xogos con material reciclado (xornais, revistas, botellas de plástico...) para practicar o sopro. Pasámolo moi ben!
Aquí vos deixamos fotos de como fixemos e sopramos:
martes, 22 de maio de 2018
DIA DAS LETRAS GALEGAS
Chegou o 17 de maio e con el a celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano adícaselle á ilustre escritora e tamén mestra MARIA VICTORIA MORENO.
Para celebralo, no cole fixemos actividades ó longo de toda a semana coas que aprendemos non só sobre esta escritora senón sobre a nosa lingua e a nosa cultura.
O luns, os nenos de 5º fixeron unha presentación da autora homenaxeada, ademais de presentarnos uns vídeos para invitarnos á reflexión sobre a importancia da nosa lingua e a nosa cultura, a cal temos que coñecer e conservar.
O martes, os de 5º déronlle renda solta á súa imaxinación, canto nos fixeron rir coas súas regueifas!
O mércores foi o gran día no que todos os cursos mostraron as súas habilidades artísticas.
Unha vez rematadas as actuacións fixemos unha xornada de xogos populares no patio.

martes, 8 de maio de 2018
Excursión a Apípolis
O pasado mércores tivemos a oportunidade de coñecer o mundo das abellas en Apípolis. O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria aprendemos un montón sobre estes pequenos insectos tan necesarios para a natureza.
Faláronnos das colmeas, das abellas raíñas, dos abázcaros, das abellas obreiras...Tamén fixemos mel e velas que nos quedaron chulísimas!
Estivemos moi atentos ás explicacións que nos deron e incluso aprendemos a cociñar galletas.
O momento máis emocionante foi cando entramos á zona das colmeas vestidos de apicultores.
Pasámolo xenial!

luns, 7 de maio de 2018
5ª XORNADA DE XOGADE
Na última das xornadas de xogos intercentros fomos ó CEIP A Lama onde practicamos unha chea de xogos e deportes como balonmán, fútbol sala, xadrez, bádminton, tenis de mesa, brilé, etc.
Que ben o pasamos!
Que ben o pasamos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)