martes, 4 de decembro de 2018

VISITA AO SUPERMERCADO

O día 8 de novembro os nenos e nenas de infantil e de 1º e 2º de Primaria fixemos unha saída para visitar o supermercado Froiz en Pontecaldelas. 

Percorremos todas as seccións e aprendemos moitas cousas sobre o traballo dos profesionais que alí traballan. 










Para rematar vimos como facían o pan no forno do supermercado, e ata nos deron a probar un anaquiño!!!!


Despois da visita ao supermercado fumos tomar a merenda á biblioteca de Pontecaldelas...

Ao rematar a merenda unha sorpresa nos estaba esperando!!!!! A avoa de Nico (infantil) tiña preparado un conto para todos os nenos/as, o elefante Elmer!!!!! Estivemos todos moi atentos; Elmer é un dos nosos contos preferidos. 
E como remate deste día tan especial puidemos coñecer como funciona o reloxo da biblioteca, quedamos abraiados !!!!!



SAMAÍN 2018

O pasado mércores 31 de outubro celebramos o Samaín no noso cole.
Para celebrar esta festa primeiro tivemos que vestirnos para a ocasión e tamén fixemos un obradoiro de maquillaxe. A verdade é que dabamos moito meeeeeedo...







Despois asistimos a unha obra de teatro das nenas e nenos de 6º de Primaria. A historia dun home lobo que recorría os montes de Fornelos. Dámoslle as grazas a Hugo (4º EP) por darnos a idea. Fixérono moi ben, estabamos todos/as moi atentos esperando saber o final da historia entre o lobo e a profe Mar...



E para finalizar fumos á nosa biblioteca para ver todos xuntos a peli de "Coco", gustounos moitísimo!!!!!!!


Foi un día moi divertido, pasámolo de medo!!!!

xoves, 8 de novembro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo da celebración do Día das bibliotecas, o pasado mércores 24 de outubro o noso cole realizou unha serie de actividades. Puxemos en marcha as mochilas viaxeiras deste curso, cheas de moitas sorpresas que esperemos vos gusten.
Fumos á biblioteca e coñecemos, a través dun vídeo, que noutros países existen bibliotecas moi diferentes ás nosas: o biblioburro e ata un tanque que transporta libros para regalar á xente!!!
E, para rematar, o profe Suso contounos a historia da bibliotecaria de Basora, baseada nunha historia real. Para todos aqueles que queirades coñecer esta historia tan só tendes que vir á nosa biblioteca, agardámosvos!!!

OBRADOIRO FROITOS DO OUTONO

Coa chegada do outono os nenos e nenas de infantil realizamos un obradoiro de froitos propios desta época. Cada neno/a trouxo da casa un froito típico desta estación: froitos secos como as castañas, noces, cacahuetes...e froitos carnosos como as mazás ou as peras. Así tiñamos preparada a nosa mesa antes da chegada dos pequenos/as.
Tamén fixemos zume de laranxa
Pasámolo moi ben, estaba todo moi rico!!!!