Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas escolares b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas escolares b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 8 de novembro de 2018
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Con motivo da celebración do Día das bibliotecas, o pasado mércores 24 de outubro o noso cole realizou unha serie de actividades.
Puxemos en marcha as mochilas viaxeiras deste curso, cheas de moitas sorpresas que esperemos vos gusten.
Fumos á biblioteca e coñecemos, a través dun vídeo, que noutros países existen bibliotecas moi diferentes ás nosas: o biblioburro e ata un tanque que transporta libros para regalar á xente!!!
E, para rematar, o profe Suso contounos a historia da bibliotecaria de Basora, baseada nunha historia real. Para todos aqueles que queirades coñecer esta historia tan só tendes que vir á nosa biblioteca, agardámosvos!!!
venres, 22 de xuño de 2018
Teatriño de sombras
Os voluntarios da biblioteca fixemos o conto do Parrulo Feo cun teatriño de sombras. Este conto saíu como resultado da votación na que participamos todo o cole, onde eliximos o noso conto infantil preferido.
Mirade que ben o fixemos!
martes, 7 de marzo de 2017
xoves, 10 de novembro de 2016
Día das Bibliotecas Escolares
O pasado 23 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Durante a mañá collemos as mochilas viaxeiras e despois do recreo xuntámonos todos para ensinarlle ao resto do cole a nosa parte do traballo da Prehistoria. Aprendemos un montón de cousas!
Nos seguintes enlaces podedes ver as nosas exposicións:
Aquí podedes ver algúns murais das clases de infantil:
Nos seguintes enlaces podedes ver as nosas exposicións:
Aquí podedes ver algúns murais das clases de infantil:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








