luns, 6 de maio de 2019

XOGADE CO COLE DA LAMA

O pasado 11 de abril visitounos o CEIP da Lama para concluír así as xornadas de xogos entre coles da nosa zona.

Era a última, era especial e por eso puxemos cada un de nós o mellor de nós mesmos para vivila ó máximo.

As fotos revelan todo ese esforzo, alegría, animación ós compañeiros e compañeirismo vivido nesta xornada.

Queredes velo?










venres, 3 de maio de 2019

XOGADE EN CARBALLEDO

O pasado día 5 de abril visitamos o CEIP de Carballedo para disfrutar de moitos xogos e actividades cos nenos e nenas do cole.

Aínda que o día non acompañaba moito puidose realizar a xornada igualmente.

Xogamos a baloncesto, balonmán, fútbol sala e xadrez, merendamos todos xuntos e tivemos un ratiño de lecer para coñecernos mellor e compartir experiencias.

como sempre pasámolo en grande!

AQUÍ TENDES A MOSTRA:





venres, 26 de abril de 2019

Excursión a Pontevedra

O mes pasado fomos coñecer á cidade de Pontevedra.

O primeiro que fixemos foi ir á Praza de Abastos para ver o menú que queríamos para ese día. Algúns nenos e nenas foron moi valentes!

 


Seguidamente visitamos os lugares máis importantes da cidade: a praza da Ferrería, a Igrexa da Peregrina, a Zona Vella...





Tras tanto caminar, decidimos divertirnos e xogar nos parques:



Por último, voltamos ao cole moi cansos e contentos de visitar e coñecer a cidade de Pontevedra. Pasámolo xenial!!

luns, 1 de abril de 2019

Contacontos

 O luns pasado viñeron contarnos un conto que se titulaba "O cociñeiro Martiño". Gustounos moito!