Amosando publicacións coa etiqueta E. DE BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta E. DE BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de abril de 2019

Contacontos

 O luns pasado viñeron contarnos un conto que se titulaba "O cociñeiro Martiño". Gustounos moito!


venres, 22 de xuño de 2018

Teatriño de sombras

Os voluntarios da biblioteca fixemos o conto do Parrulo Feo cun teatriño de sombras. Este conto saíu como resultado da votación na que participamos todo o cole, onde eliximos o noso conto infantil preferido.
Mirade que ben o fixemos!

xoves, 10 de novembro de 2016

Día das Bibliotecas Escolares

O pasado 23 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Durante a mañá collemos as mochilas viaxeiras e despois do recreo xuntámonos todos para ensinarlle ao resto do cole a nosa parte do traballo da Prehistoria. Aprendemos un montón de cousas!
Nos seguintes enlaces podedes ver as nosas exposicións:



Aquí podedes ver algúns murais das clases de infantil:

xoves, 26 de febreiro de 2015

BRINCA VAI! DE PACO NOGUEIRAS.

HOXE POLO COLE PASOU, POR CORTESÍA DA EDITORIAL KALANDRAKA, UN ARTISTA POLIFACÉTICO CHAMADO PACO NOGUEIRAS.

PASÁMOLO MOI BEN CON PACO, XA QUE CONTOU E CANTOU UN MUNDO DE CONTOS COMO PODEDES COMPROBAR UN POUQUIÑO MÁIS ABAIXO.

ESPERAMOS QUE VÓS GUSTE.

mércores, 17 de decembro de 2014

ANA MARÍA MATUTE

Desde a biblioteca do colexio animáronos a renderlle unha homenaxe a esta gran escritora, falecida o pasado 25 de Xuño.

Cada curso fixo o seu traballo en grupo sobre un dos contos de Ana María Matute.

ABAIXO PODEDES VER O RESULTADO!!!
 

TRABALLOS DO "MES DAS AVES"

Presentamos a continuación os traballos relacionados coas aves, e nos que se amosan a grande orixinalidade que teñen os rapaces e as rapazas do cole de Fornelos.

MOITAS GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR.

mércores, 26 de novembro de 2014

BIBLIOTECA: EN NOVEMBRO, AS AVES.

O EQUIPO DE BIBLIOTECA INFÓRMANOS DE QUE NO MES DE NOVEMBRO TRABALLAREMOS AS AVES.

AQUÍ ESTÁN OS LIBROS ESCOLLIDOS:



Nesta ocasión, o traballo constará de dúas partes:

unha manualidade relacionada coas aves

e unha exposición oral sobre o tema.


ÁNIMO RAPACES!!!

ESTAMOS IMPACIENTES POR ESCOITARVOS!!!

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

OLA FAMILIAS, NENOS E NENAS!!!!

ESTREAMOS O BLOGUE DESTE CURSO CUNHA CELEBRACIÓN MOI IMPORTANTE:



O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O Equipo de biblioteca e os nenos e nenas traballaron a reo para que todo saíse ben, pero pagou a pena.


COMPROBÁDEO VÓS MESMOS. ESPEREMOS QUE VOS GOSTE:




1ª ACTIVIDADE: A MOCHILA VIAXEIRA

Coincidindo coa celebración do día das bibliotecas púxose en marcha á máis paseanta do cole:

A MOCHILA VIAXEIRA!!!

Xa saíu para a casa dos primeiros nenos. Esperamos que desfrutedes duns momentos de lecer  en familia, cunha das mellores compañas, que son os libros. Xa nos contaredes as vosas impresións, desexos, suxerencias...... e todo o que se vos ocorra.



2ª ACTIVIDADE : O XOGO DAS PISTAS



 



  3ª ACTIVIDADE: A DECORACIÓN DAS BIBLIOTECAS DE AULA






ADEMAIS O EQUIPO DE BIBLIOTECA INFORMA DE QUE AO LONGO DO CURSO IRÁ PROPOÑENDO DIFERENTES TEMÁTICAS NAS QUE O ALUMNADO PODERÁ PARTICIPAR VOLUNTARIAMENTE

MES DE OUTUBRO: O SAMAÍN

Haberá expostos varios libros coa temática do samaín e o alumnado que así o desexe poderá presentar un traballo dun destes libros.

Están rematados xa os traballos do mes de outubro e pódense ver  no taboleiro que se atopa en fronte á porta da biblioteca:













PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS !!!!

SEGUIDE ASÍ!!!