martes, 31 de xaneiro de 2017

30 de xaneiro

Este ano para celebrar o Día da Paz cantamos todos xuntos  a canción “Cantarola dos nenos” e despois repuxemos enerxías tomando un delicioso chocolate. Mmm... que rico!!









martes, 10 de xaneiro de 2017

Nadal 2016

O pasado 21 de decembro fixemos o festival de Nadal.  Nos seguintes enlaces podedes ver as nosas actuacións!

Infantil:  Tan, tan. Canción





1º, 2º e 3º de Primaria: Volver a casa por Nadal. Canción





4º de primaria:  O Camelo Coxo. Poesía



5º de primaria: Conto de Nadal. Teatro 



6º de primaria:  O divertido misterio da desaparición dos nenos en Nadal. Teatro

martes, 22 de novembro de 2016

VISITA Á ÁREA ARQUEOLÓXICA DE TOURÓN

O pasado venres 11 fomos de excursión e coñecemos a arte rupestre dos nosos antepasados.

Vimos numerosos petróglifos e entramos no centro de interpretación. Gustounos moito!

xoves, 17 de novembro de 2016

Magosto e xogos populares

O vernes 11 de novembro celebramos o Magosto no cole. Comimos castañas que preparou o ANPA, fixemos xogos populares e celebrouse un partido de futbol-sala entre mestres e alumnos. Que ben o pasamos!!!