O pasado día 21 de xuño o alumnado de 6º asistimos en directo, a un exame de fin de mestrado na especialidade de viola que se realizou na cidade de Zwolle (Holanda) través de internet .
A concertista chamábase Lorena, irmá da nosa profe de música, que se dedica á interpretación e perfeccionamento da viola.
A nosa profe explicounos como é a carreira de música e onde se pode estudar.
Para moitos de nós era a primeira vez que asistíamos a un concerto.
Foi moi emocionante e pasámolo moi ben!
venres, 7 de xullo de 2017
mércores, 14 de xuño de 2017
Día das Letras Galegas
Este ano o día das letras galegas dedicóuselle ao escritor Carlos Casares.
Recibimos unha interesante charla sobre os traxes e costumes galegas grazas a participación do pai de Eduardo. Despois por cursos expusemos distintos contos de Carlos Casares. Por último, divertímonos no patio con xogos populares galegos. Foi moi divertido!

A Batalla de Rande en infantil
Os nenos e as nenas de 5 anos, na clase de estimulación da linguaxe, inventamos un conto da Idade Media, sobre un cabaleiro e unha princesa. Logo escenificamos o conto con praxias. Foi moi divertido!!
Os "máis pequenos" (3 e 4 anos), tamén traballamos moito en estimulación da linguaxe, e construímos os barcos da Batalla de Rande. Despois fixemos uns xogos de auga para traballar o sopro. Pasámolo moi ben!

Todos os nenos e nenas do cole fixemos un gorrito como os que levaban na época:
martes, 6 de xuño de 2017
Visita a Meirande
Neste vídeo podedes ver fotos da nosa excursión ao Museo de Meirande: Centro de Interpretación da Batalla de Rande.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)