xoves, 9 de novembro de 2017

bibliotecas escolares



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

Un ano máis, o 24 de outubro no CEIP Doutor Suárez celebramos o día das bibliotecas escolares 

As actividades que desenvolvemos para celebralo foron as seguintes:


1º recollida das mochilas viaxeiras na biblioteca do centro: todos os cursos visitaron a biblioteca do centro para encher a súa mochila viaxeira de atractivos contos e libros para ler en familia, esperamos que os disfrutedes.

Ademais, aproveitamos para facer unha visita ás portas de todos os cursos, estas foron decoradas polos nenos e nenas de cada titoría coa temática dun conto que traballaron na clase.

Mirade que bonitas nos quedaron!


OS 7 CABRITIÑOS



0 PRINCIPIÑO


A GALIÑA ROXA

PINOCHO


O PATIÑO FEO



A CASIÑA DE CHOCOLATE



AS AVENTURAS DE GERÓNIMO STILTON




A ILLA DO TESOURO




CARAPUCHIÑA VERMELLA




GRAN TRABALLO NENOS E NENAS!

PETER PAN

mércores, 1 de novembro de 2017

FROITOS DO OUTONO

CHEGOU O OUTONO!



Esta é a nosa exposición de froitos de outono, mirade que cousas tan bonitas fixemos!






Temos dende cestas de froitos de outono, esculturas e mesmo receitas e debuxos.


GRANDES ARTISTAS!

venres, 7 de xullo de 2017

Asistimos a un concerto de música clásica

O pasado día 21 de xuño o alumnado de 6º asistimos en directo, a un exame de fin de mestrado na especialidade de viola que se realizou na cidade de Zwolle (Holanda) través de internet .
A concertista chamábase Lorena, irmá da nosa profe de música, que se dedica á interpretación e perfeccionamento da viola.
A nosa profe explicounos como é a carreira de música e onde se pode estudar.
Para moitos de nós era a primeira vez que asistíamos a un concerto.
Foi moi emocionante e pasámolo moi ben!

mércores, 14 de xuño de 2017

Día das Letras Galegas

Este ano o día das letras galegas dedicóuselle ao escritor Carlos Casares.
Recibimos unha interesante charla sobre os traxes e costumes galegas grazas a participación do pai de Eduardo. Despois por cursos expusemos distintos contos de Carlos Casares. Por último, divertímonos no patio con xogos populares galegos. Foi moi divertido!