O vernes 11 de novembro celebramos o Magosto no cole. Comimos castañas que preparou o ANPA, fixemos xogos populares e celebrouse un partido de futbol-sala entre mestres e alumnos. Que ben o pasamos!!!
Polo Samaín traballamos moito. Fixemos unha exposición de cabazas:
Tamén contamos terroríficas historias e conxuros. Ata vimos meigas preparar beberaxes!
O alumnado de sexto de primaria prepararou unha obra de teatro que podedes ver no seguinte enlace:
Para rematar, a clase de sexto de infantil cantou esta bonita canción:
O alumnado de 6º interpretou a súa propia partitura utilizando sons unicamente producidos co corpo. Abaixo podedes ver as dúas versións.
Cal vos gusta máis?
O pasado venres 4, Polo Correo do Vento ofreceunos una charla informativa sobre Castelao. Tamén levamos para casa unha camiseta debuxada por nós dunha caricatura de Castelao. Pasámolo moi ben!
O pasado 23 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Durante a mañá collemos as mochilas viaxeiras e despois do recreo xuntámonos todos para ensinarlle ao resto do cole a nosa parte do traballo da Prehistoria. Aprendemos un montón de cousas!
Nos seguintes enlaces podedes ver as nosas exposicións:
Aquí podedes ver algúns murais das clases de infantil:
Sabedes como vivían os nosos antepasados? Para que servían os castelos? Que costumes tiñan antano? Este curso comezamos unha nova andaina na que viaxaremos polo tempo, aprendendo moito sobre a historia de Fornelos e arredores.
AQUÍ TEDES O VÍDEO DAS ACTUACIÓNS DO NOSO ALUMNADO.
ESTES NENOS E NENAS SON UNS VERDADEIROS ARTISTAS!!!
E AGORA PODEREDES VER UN VÍDEO ESPECIAL PARA O ALUMNADO DE 6º, ONDE SE DESPIDEN, RECIBEN AS SÚAS ORLAS, AGASALLOS DA ANPA....
TAMÉN ENTREGAMOS OS PREMIOS DE DINAMIZACIÓN: "NA PROCURA DAS FERVENZAS GALEGAS"
PARABÉNS OS 5 PREMIADOS
E... POR ÚLTIMO OUTRA DESPEDIDA...
A PRESIDENTA DA ANPA: Mª DE LOS ÁNGELES, MÁIS COÑECIDA COMO "GELI" DEIXA O CARGO DESPOIS DE MOITOS ANOS E DENDE O COLEXIO QUIXEMOS FACERLLE UN PEQUENO AGASALLO EN AGRADECEMENTO POR TODOS ESTES ANOS AXUDÁNDONOS A QUE O CEIP DOUTOR SUÁREZ FOSE UN LUGAR MELLOR.
O OUTRO DÍA VEU POLO COLE MATEO MENA, UN AUTÉNTICO ARTISTA SONORO E COMPOSITOR, QUE NOS IMPARTIU UN OBRADOIRO DE CIENCIA MUSICAL.
NESTE OBRADOIRO FIXEMOS UN MUNDO DE ACTIVIDADES PARA COMPROBAR QUE PASA SE CONECTAMOS UN ALTOFALANTE A DIFERENTES COUSAS: BOLIGRAFOS, PLASTILINA, BOTELLAS DE PLÁSTICO...
BOTÁDELLE UN OLLO ÁS FOTOS PARA VER QUE BEN O PASAMOS!!!
Cincopa trial has expired Please upgrade to re-enable this video or gallery
O DÍA 9 DE ABRIL CUMPRÍRONSE 100 ANOS DO NACEMENTO DE MANUEL LUEIRO REY, ESCRITOR NADO EN FORNELOS.
PARA HOMENAXEALO DECIDIMOS FACER UNHA BIOGRAFÍA LÍRICA CHAMADA " AS 3 PAISAXES DE LUEIRO REY (POEMAS DE NENOS GALEGOS) QUE PODEDES VER NO VIDEO DE ABAIXO.
Un ano máis as familias dos nenos e nenas de Infantil veñen ao cole a contarnos unha morea de cousas interesantes. Coa chegada da primavera,Cristina, a mamá de Saúl e Gael, contounos a conto de "Carapuchiña Vermella". Fíxoo tan ben que queremos que volva outra vez.
Tamara, a curmá de Kayla, leunos o conto dos "Tres Osiños" e aprendemos a diferenza entre distintos conceptos espaciais.
Cristela, a nai de Alejandro, veu ao cole o falarnos sobre os cabalos, para rematar facendo o noso propio cabalo con corchos.
Vimos de celebrar no cole o Día Mundial da Poesía, e coa axuda do mestre Luís, fixemos un libro en que cada un de nós creou un poema.
A verdade é que o libro quedou ben chulo. A quen lle interese lelo, pode velo na biblioteca do cole.
Ademais disto fixemos un "cadáver exquisito"que ven sendo uhna composición poética onde participamos todos os alumnos do cole.
Botádelle un ollo ás fotos e xa veredes que bonito nos quedou!
Cincopa trial has expired Please upgrade to re-enable this video or gallery
AQUÍ TEDES O MARABILLOSO LIBRO CREADO POLO ALUMNADO DE PRIMARIA:
Este próximo 9 de Abril cúmprense 100 anos do nacemento de Manuel Lueiro
Rey.
Desde o cole queremos coñecer máis a figura deste autor fornelense, polo
que traballaremos aspectos da súa vida e obra a través desta actividade
interactiva.
ESTES DÍAS OS NENOS E NENAS DO COLE ESTÁN GRAVANDO UN PROGRAMA PARA A TVG CHAMADO "DESENREDANDO NA REDE", ONDE OS CATIVOS AMOSAN SIMPATÍA E ESPONTANEIDADE.
AQUÍ VOS DEIXAMOS DÚAS FOTOS DA GRAVACIÓN DO PROGRAMA.
PARA MÁIS INFORMACIÓN ESTADE ATENTOS AS VOSAS PANTALLAS!
XA CHEGOU O ENTROIDO A FORNELOS, E SEGUINDO COA IDEA DE COÑECER ENTROIDOS SIGNIFICATIVOS DE GALICIA, ESTE TOCOULLE Á PROVINCIA DE OURENSE.
ELIXIMOS DIFERENTES PERSONAXES REPRESENTATIVOS COMO PELIQUEIROS, BOTEIROS, VERGALLEIROS, A COROA DE COVELO, IRRIOS E BOIS DA VEIGA.
UNHA VEZ DISFRAZADOS FOMOS DAR UNHA VOLTA POLA PRAZA DE FORNELOS E DESFILAMOS POLO PATIO DO COLE.
LOGO COMEMOS TODAS AS LARPEIRADAS TÍPICAS DESTA ÉPOCA (GRACIÑAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN).
E POR ÚLTIMO, PARA BAIXAR ESAS CALORÍAS DE MÁIS, XOGAMOS A DIFERENTES XOGOS NO PATIO.
MIRADE AS FOTOS, VEREDES QUE BEN O PASAMOS!!!!!
Cincopa trial has expired Please upgrade to re-enable this video or gallery
Ao longo de toda esta semana estivemos celebrando o día da paz con diferentes actividades.
Abaixo podedes ver algúns fotos dos traballos que presentaron os alummnos con motivo desta conmemoración.
Agora botádelle un ollo lectura do poema, creado polo mestre Luís para a ocasión, que se titula "La vida de la paz".
Aquí podedes un vídeo sobre a exposición que fixo María Ángeles Carrera sobre o conto de "O Principiño".
Grazas Geli por participar!
E por último vos deixamos o video do acto central do día da paz no que formamos as patrullas da paz, lemos contos e fixemos actividades interactivas conxuntas propostas polo mestre Roberto.
Cincopa trial has expired Please upgrade to re-enable this video or gallery
ESTE MÉRCORES, VEU VISITAR O COLE HIPÓLITO CABEZAS, QUE É O DIRECTOR DA BANDA DE GAITAS DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES.
AMOSOUNOS E TOCOU MOITOS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS: OCARINA, ASUBIO, CHARRASCO, FLAUTAS, PANDEREITA E SOBRE TODO A GAITA. AGRADECEMOS MOITO A VISITA DE HIPÓLITO. BOTÁDELLE UN OLLO AS FOTOS PARA VER O QUE FIXEMOS!!!!!!!
Cincopa trial has expired Please upgrade to re-enable this video or gallery
HOXE, GRAZAS AO EQUIPO DE BIBLIOTECA E A EDITORIAL KALANDRAKA, VEU PACO NOGUEIRAS A CANTAR E A CONTAR CONTOS.
PASÁMOLO PIPA E RECORDAMOS A XOSÉ NEIRA VILAS CANTANDO E RECITANDO ALGÚN DOS SEUS POEMAS.
MIRADE ABAIXO ALGUNHAS FOTOS DA ACTUACIÓN!!!
Cincopa trial has expired Please upgrade to re-enable this video or gallery