mércores, 11 de novembro de 2015

TEMPO DE MAGOSTO

Vaia festa máis grande celebramos o día de San Martiño no cole.
En primeiro lugar asamos as castañas, logo as papamos e que ricas estaban!!!
Máis tarde xogamos a xogos tradicionais e como sobremesa un partidazo de mestres contra alumnos.
Mirade a montaxe de abaixo para facervos unha idea!!


SAMAÍN NO COLE

O día 29 de Outubro celebramos o Samaín no cole. Fixemos unha morea de cousas: rematamos un conto de diferentes xeitos, entregamos premios aos lectores máis activos e por último a meiga fixo un conxuro para desterrar todos os nosos medos. Botádelle un ollo e mirade que ven o pasamos! 
 

sábado, 7 de novembro de 2015

CESTAS DE OUTONO

DENDE O EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PROPÚXOSE FACER UNHA EXPOSICIÓN DE CESTAS DE PRODUTOS TÍPICOS DO OUTONO. 
 COMPROBADE O QUE SE PODE ARGALLAR CON PRODUTOS TÍPICOS DESTA ESTACIÓN:


venres, 6 de novembro de 2015

SAMAÍN 2015: EXPOSICIÓN DE MAZAROCAS DE MILLO

O EQUIPO DE EDLG PROPUXO UNHA ACTIVIDADE PARA ESTE SAMAÍN: UNHA EXPOSICIÓN DE MAZAROCAS DECORADAS. UNHA VEZ MÁIS TEMOS QUE AGRADECER AOS NEN@S E ÁS FAMILIAS A PARTICIPACIÓN NESTE TRABALLO.

CANTA CREATIVIDADE!!!

 COMPROBÁDEO VÓS MESMOS