luns, 27 de xaneiro de 2020

Somos todxs iguais!

Hoxe tivemos un obradoiro moi interesante da man de Alba Alonso Feijóo, experta en igualdade. Aprendimos a romper cos estereotipos de xénero: non hai xoguetes de nenos nin de nenas, debemos xogar en liberdade. Tamén reflexionamos sobre outras realidades non tan visibles na sociedade, e aprendimos un montón. Unha cousa quedounos clariña: todxs temos os mesmos dereitos! Todxs somos iguais!





Superando retos: o Cross!

Hoxe demostramos que o noso cole está en plena forma. Non foi doado, pois o circuito era ben longo! Pero un ano máis superamos o reto: participamos na carreira do Cross, dentro do Plan Xogade, xunto con outros colexios da comarca. Foi un bonito día de inverno cheo de sol. Ao remate compartimos un chocolate quentiño. Pasámolo xenial!




luns, 13 de xaneiro de 2020

Benvido 2020

Voltamos ao cole e... Adeviñade! Atopamos un feixe de agasallos na nosa árbore de nadal! Non sabemos se foi Papá Noel, os Reis Magos ou o Apalpador, pero nos encantaron. Vaia sorpresa que levamos!








Abrímolos axiña... e en seguida quixemos probar todos os xoguetes. Algúns son de lóxica, outros de equilibrio, xogos dinámicos e tamén xogos de mesa xigantes, pero todos, todiños, son para compartir e disfrutar. Ímolos coidar moi ben para que nos duren moooitos anos!





FESTIVAL DE NADAL 2019

Despedímonos do 2019 co noso fabuloso Festival de Nadal. Temos un cole cheo de artistas, mirade!

O alumnado de Infantil interpretou esta bonita e divertida panxoliña teatralizada chamada "Buscando a Papá Noel na árbore de nadal". Atoparíanno?


A festa continuou da man do alumnado de 1º e 2º coa interpretación dunha versión en galego do famoso tema "O bla di, o bla da" dos Beatles. Moi orixinal!


Cando empezamos coas panxoliñas xa non hai quen nos pare. O alumnado de 3º agasallounos tocando e cantando "A Belén quero marchar". Bravo!



Tamén o alumnado de 4º quixo aportar o seu bofacer musical e prepararon una panxoliña.. en inglés! É o coñecido tema "Last Christmas". Quedou estupenda coa súa dramatización, non vos parece?



E para cambiar un pouco, o alumnado de 5º preparou con moito agarimo e moito traballo unha divertida obra de teatro titulada "Deixa de roncar". Seica o Apalpador ten un pequeno problemiña… Queredes descubrilo?



Tamén nos mostraron as súas habilidades e destrezas colaborativas cunha dinámica mostra de Acrosport. Increíble! 



E por último chega o alumnado de 6º!! Tiñan moita ilusión, xa que se despiden este ano do cole, polo que foron os elexidos para presentar o festival. Ademáis, representaron unha divertida obra de creación propia chamada "O Congreso de Nadal" na que nos contan que "outro nadal é posible". 


 

E como non, fixeron tamén a xa tradicional mostra de Acrosport. Bo traballo!




Como cada ano, o festival foi todo un éxito! Os aplausos foron merecidos, polo esforzo demostrado, e os sorrisos foron moitos tamén. Saímos moi contentos tanto o alumnado, o profesorado coma as familias. Gracias a todos!

Para despedirnos quixemos cantar unha última panxoliña tod@s xunt@s, e así despedimos tamén esta entrada no noso blog, co fermoso "Tiru Lariru" interpretado por todo o alumnado de Infantil e Primaria.
E como di a letra: "Hoxe aquí en Fornelos, queremos cantar, todos xuntos unidos, que viva o nadal!"



mércores, 8 de xaneiro de 2020

Celebrando o Fin de ano

   Este ano no cole adiantamos as campanadas!!


   Para celebrar o noso fin de ano especial todos os nenos e nenas, mestres e mestras vestímonos coas nosas mellores galas, tomamos as uvas ó ritmo das campanadas e para rematar a festa tomamos chocolate e rosca.


   Que ben o pasamos!!




Ademáis tiñamos photocall, polo que pasaron algúns dos alumnos e alumnas.