martes, 26 de marzo de 2019

XOGADE FORNELOS - A REIGOSA

O pasado venres no CEIP Doutor Suárez tivemos a visita dos nenos e nenas do CEIP A Reigosa.

Nesta xornada xogamos a: baloncesto, fútbol sala, bádminton, xadrez e datchball.

Tivemos uns animadores moi especiais, xa que os nenos e nenas dos outros cursos do cole viñeron a vernos e disfrutaron tamén moito animando aos compañeiros nos distintos partidos.

Ademais, compartimos todos xuntos un tempo para merendar, relacionarnos e xogar todos xuntos ó que nos apetecera.

Pasámolo moi ben e coñecemos a un montón de nenos e nenas, futuros compañeiros no instituto de Pontecaldelas.

Aquí vos deixamos unha mostra desta xornada tan xenial!































luns, 25 de marzo de 2019

CHEGOU O ENTROIDO

   O pasado 1 de marzo celebramos o Entroido no noso centro. Fixo un día estupendo , polo que puidemos saír a dar unha volta pola praza do Concello. Levamos un coche diante con música e fumos bailando todo o camiño. Grazas a todas as familias e outras persoas que viñeron a vernos e animarnos!!!!












































De volta ao cole, fixemos o tradicional desfile pola pista asfaltada, presentando os diferentes disfraces. 
Este curso, o tema común eran os fenómenos atmosféricos. Os nenos e nenas de Infantil foron disfrazados de bonecos de neve, os de 1º e 2º de primaria, de arco da vella, 3º de folerpas de neve, 4º  de lóstregos, os alumnos/as de 5º de primaria disfrazáronse de día y de noite e os alumnos/as de 6º, de pingas de auga.





















Foi un día moi divertido!!!!Grazas a todos os mestres e mestras polo voso esforzo, e por suposto, tamén aos pequenos/as!!!!