mércores, 14 de xuño de 2017

Día das Letras Galegas

Este ano o día das letras galegas dedicóuselle ao escritor Carlos Casares.
Recibimos unha interesante charla sobre os traxes e costumes galegas grazas a participación do pai de Eduardo. Despois por cursos expusemos distintos contos de Carlos Casares. Por último, divertímonos no patio con xogos populares galegos. Foi moi divertido!

A Batalla de Rande en infantil

Os nenos e as nenas de 5 anos, na clase de estimulación da linguaxe, inventamos un conto da Idade Media, sobre un cabaleiro e unha princesa. Logo escenificamos o conto con praxias. Foi moi divertido!!

    

Os "máis pequenos" (3 e 4 anos), tamén traballamos moito en estimulación da linguaxe, e construímos os barcos da Batalla de Rande. Despois fixemos uns xogos de auga para traballar o sopro. Pasámolo moi ben!
<
 Todos os nenos e nenas do cole fixemos un gorrito como os que levaban na época:

martes, 6 de xuño de 2017

Visita a Meirande

Neste vídeo podedes ver fotos da nosa excursión ao Museo de Meirande: Centro de Interpretación da Batalla de Rande.

 

Aprendendo sobre a Batalla de Rande

Para finalizar co estudo da historia do noso contorno, neste trimestre centrámonos nunha época máis próxima.
O noso "dire" explicounos como estaba gobernada España naquel momento e que aconteceu na Batalla de Rande. Aprendemos un montón de cousas!

Tamén vimos uns vídeos que podedes volver ver:

 







Ao rematar coa explicación, fomos ao Museo de Meirande. No exterior, atopamos traballando a unhas redeiras que nos contaron como facían as enormes redes e como as trasladaban aos barcos pesqueiros.