luns, 22 de xaneiro de 2018

Reforestando con landras

Desde o cole estamos colaborando coa reforestación dos montes. Coa axuda do garda forestal, estivemos plantando landras en bricks que os nenos e nenas trouxeron das súas casas. Ata a primavera estaremos coidando das nosas sementes e observaremos o seu crecemento. Máis adiante transplantarémolas aos montes da zona.

martes, 9 de xaneiro de 2018

Festival de Nadal 2017

Nos seguintes enlaces podedes ver que ben actuamos no festival!

Infantil:



1º e 2º de Primaria:



3º de Primaria:



4º de Primaria:



5º de Primaria:



6º de Primaria:



PATRULLAS VERDES



Xa están en marcha as PATRULLAS VERDES do CEIP DOUTOR SUÁREZ!

      Co obxectivo de manter o noso centro limpo e sen lixo e ao mesmo tempo concienciar da importancia de tirar os lixos nos colectores correspondentes creamos as patrullas verdes.

        A primeira foi a de 5º e 6º de Primaria que se encargaron de facer unha limpeza xeral e selectiva de todos os residuos das zonas comúns do centro.

         Que limpiño quedou todo!






APRENDENDO SOBRE A RECICLAXE

O pasado VENRES DÍA 15 DE DECEMBRO tivemos no centro unha charla impartida por SOGAMA na que nos ensinaron a separar ben o lixo, xa que moitos dos residuos xerados non son reciclables aínda que sexan de papel, cartón e plástico.

Ademais repasamos as regras das 3 R e aprendemos moitas curiosidades sobre a reciclaxe.


Xa somos todos uns expertos!





luns, 8 de xaneiro de 2018

RECICLAMOS POLO NADAL

DECORANDO O CEIP DOUTOR SUÁREZ


     Este ano no CEIP Doutor Suárez decidimos elaborar nós mesmos a decoración de nadal do cole con materias reciclados xa que estamos moi concienciados co medio ambiente.

       Toda esta decoración foi feita á man polos alumnos e alumnas coa colaboración das súas familias así como polos mestres e mestras do centro.

         Mirade que chulo nos quedou todo!