mércores, 26 de novembro de 2014

BIBLIOTECA: EN NOVEMBRO, AS AVES.

O EQUIPO DE BIBLIOTECA INFÓRMANOS DE QUE NO MES DE NOVEMBRO TRABALLAREMOS AS AVES.

AQUÍ ESTÁN OS LIBROS ESCOLLIDOS:



Nesta ocasión, o traballo constará de dúas partes:

unha manualidade relacionada coas aves

e unha exposición oral sobre o tema.


ÁNIMO RAPACES!!!

ESTAMOS IMPACIENTES POR ESCOITARVOS!!!

30 DE OUTUBRO: O SAMAÍN

Para celebrar unha festa tan terrorífica coma  a do  SAMAÍN,  traballamos moito e pasámolo xenial:


 NO COLEXIO REPRESENTAMOS A OBRA DE TEATRO:" O SAMAÍN DE FORNELOS"

Esta obra  é unha versión do libro de Carlos e Sabela Labraña: "Indo para o Samaín"

 Puxemos en práctica as nosas artes escénicas, e....

SORPRESA!!!
 A estes rapaces e rapazas non se lles dá nada mal.


MIRADE!!!! MIRADE!!!!









 NA CASA FIXEMOS AS CABAZAS, 

 E LOGO NO COLE:   EXPOSICIÓN E CONCURSO 


 



24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

OLA FAMILIAS, NENOS E NENAS!!!!

ESTREAMOS O BLOGUE DESTE CURSO CUNHA CELEBRACIÓN MOI IMPORTANTE:



O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O Equipo de biblioteca e os nenos e nenas traballaron a reo para que todo saíse ben, pero pagou a pena.


COMPROBÁDEO VÓS MESMOS. ESPEREMOS QUE VOS GOSTE:




1ª ACTIVIDADE: A MOCHILA VIAXEIRA

Coincidindo coa celebración do día das bibliotecas púxose en marcha á máis paseanta do cole:

A MOCHILA VIAXEIRA!!!

Xa saíu para a casa dos primeiros nenos. Esperamos que desfrutedes duns momentos de lecer  en familia, cunha das mellores compañas, que son os libros. Xa nos contaredes as vosas impresións, desexos, suxerencias...... e todo o que se vos ocorra.



2ª ACTIVIDADE : O XOGO DAS PISTAS



 



  3ª ACTIVIDADE: A DECORACIÓN DAS BIBLIOTECAS DE AULA






ADEMAIS O EQUIPO DE BIBLIOTECA INFORMA DE QUE AO LONGO DO CURSO IRÁ PROPOÑENDO DIFERENTES TEMÁTICAS NAS QUE O ALUMNADO PODERÁ PARTICIPAR VOLUNTARIAMENTE

MES DE OUTUBRO: O SAMAÍN

Haberá expostos varios libros coa temática do samaín e o alumnado que así o desexe poderá presentar un traballo dun destes libros.

Están rematados xa os traballos do mes de outubro e pódense ver  no taboleiro que se atopa en fronte á porta da biblioteca:













PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS !!!!

SEGUIDE ASÍ!!!