xoves, 16 de novembro de 2017

SAMAÍN 2017

CHEGOU O SAMAÍN!!


Un ano mais, as cabazas, calaveras e monstros apoderáronse do noso cole.

A finais de outubro chegaron as CABAZAS, elaboradas con gran imaxinación:






Logo o 31 de outubro tivemos a gran celebración con distintas actividades:

1º un TALLER DE MAQUILLAXE  na que os nenos e nenas podían caracterizarse.

Mirade que seres tan medrentos vagaban por alí:








Logo, os colaboradores da biblioteca de 5º e 6º presentáronnos a OBRA DE TEATRO "A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS"






A continuación escoitamos as historias terroríficas: o contacontos da bruxa regañadentes e o conto de medo


Por último todos/as cantamos a CANCIÓN "CORRE CORRE CABACIÑA"



QUE BEN O PASAMOS!

martes, 14 de novembro de 2017

FORNELÍZATE COA RECICLAXE

Neste outono, todo o colexio se implicou co proxecto “Fornelízate coa Reciclaxe”.

Unha das actividades realizadas foi a colocación  de colectores en tódalas aulas do centro para separar o lixo segundo a súa cor correspondente:
  • Amarelo: para plásticos, envases e envoltorios.
  • Azul: para o papel. 
  • Verde: para os residuos orgánicos e resto de residuos que non depositamos nos outros recipientes. 

Foi moi divertido!



En Infantil:




Nas aulas de primaria:







E tamén puxemos colectores para botar o lixo nas zonas comúns como o comedor e corredores, así como outro para as pilas gastadas:





No patio exterior imos colocar unha illa de reciclaxe e unha composteira. Animámosvos a que participedes na casa coa reciclaxe. É super-divertido e axudamos a coidar o noso medio ambiente que tanta falta fai. 

Un saúdo e xa sabedes, a colaborar!

xoves, 9 de novembro de 2017

bibliotecas escolares



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

Un ano máis, o 24 de outubro no CEIP Doutor Suárez celebramos o día das bibliotecas escolares 

As actividades que desenvolvemos para celebralo foron as seguintes:


1º recollida das mochilas viaxeiras na biblioteca do centro: todos os cursos visitaron a biblioteca do centro para encher a súa mochila viaxeira de atractivos contos e libros para ler en familia, esperamos que os disfrutedes.

Ademais, aproveitamos para facer unha visita ás portas de todos os cursos, estas foron decoradas polos nenos e nenas de cada titoría coa temática dun conto que traballaron na clase.

Mirade que bonitas nos quedaron!


OS 7 CABRITIÑOS



0 PRINCIPIÑO


A GALIÑA ROXA

PINOCHO


O PATIÑO FEO



A CASIÑA DE CHOCOLATE



AS AVENTURAS DE GERÓNIMO STILTON




A ILLA DO TESOURO




CARAPUCHIÑA VERMELLA




GRAN TRABALLO NENOS E NENAS!

PETER PAN

mércores, 1 de novembro de 2017

FROITOS DO OUTONO

CHEGOU O OUTONO!



Esta é a nosa exposición de froitos de outono, mirade que cousas tan bonitas fixemos!






Temos dende cestas de froitos de outono, esculturas e mesmo receitas e debuxos.


GRANDES ARTISTAS!