xoves, 19 de abril de 2018

Visita a Sogama e Santiago de Compostela

O pasado martes fomos coñecer Sogama. Aprendemos moito sobre como axudar ao medio ambiente seguindo os 3R: "Reducir", "Reciclar" e "Reutilizar", e explicáronnos as instalacións.



Leváronnos a ver a zona de tratamento dos residuos moi ben equipados:




Vimos ao pulpo e outras máquinas en funcionamento:





Para calmar a nosa fame, comemos nun parque moi acolledor preto dun río.


Seguidamente montamos no autobús cara o  próximo destino: Santiago de Compostela. Para algúns de nós, era a primeira vez que mirabamos a Catedral. No seu interior abrazamos ao Apóstolo e vimos a súa tumba.

Por último, paseamos polas principais prazas antes de voltar ao cole. Pasámolo xenial!


luns, 16 de abril de 2018

 Os nenos e nenas de 1º preparan os xornais para reciclalos
Rapaces e rapazas de 2º cortan cachiños pequenos 


 Logo mesturan o xornal con auga



 Este é o resultado
Quedou fenomenal!!!

4ª XORNADA DE XOGADE

Os nenos e nenas do CEIP de Carballedo viñeron o pasado día 5 de abril ó noso cole para disfrutar todos xuntos dunha xornada de xogos e actividades deportivas.

Xogaron e merendaron conxuntamente, pasárono xenial!

3ª XORNADA DE XOGADE

Os nenos e nenas do CEIP Doutor Suárez desprazáronse ata o CEIP A Reigosa para gozar dunha nova xornada do programa xogade.

Pasárono moi moi ben, ademáis de socializar e mellorar as destrezas motrices.









martes, 3 de abril de 2018

O Robot Emilio

Os nosos compañeiros/as da clase de 5 anos inventaron unha obra de teatro. Mirade que artistazas temos no cole!!