martes, 26 de xuño de 2018

FESTIVAL FIN DE CURSO

Un ano máis remata o curso escolar e como broche de ouro fixemos un gran festival cheo de risas e emocións.

PARA COMEZAR O GRUPO ADUVÍA DELEITOUNOS COS SEUS CONTOS NOS QUE OS PROTAGONISTAS ERAN NENOS E NENAS DO COLE, MIRADE QUE ACTORES E ACTRICES!






A CONTINUACIÓN, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL REPRESENTÁRONNOS UNHA FERMOSA CANCIÓN "A VACA VALENTINA"





CHEGOU O MOMENTO DOS MAIORES DO COLE, QUE NOS MOSTRARON O SEU SENTIDO DO RITMO CUNHA CANCIÓN SOBRE A RECICLAXE




COMO TODOS QUERÍAN O SEU MOMENTO DE GLORIA, CHEGOU O MOMENTO DA GRAN ACTUACIÓN GRUPAL DOS NENOS E NENAS DE PRIMARIA




POR ÚLTIMO FÍXOSE A EMOTIVA ENTREGA DE ORLAS AOS NENOS DE 6º DE INFANTIL E 6º DE PRIMARIA











venres, 22 de xuño de 2018

RECOLLIDA DE MEDALLAS E TROFEOS XOGADE

O venres día 1 de Xuño gozamos da última das xornadas do programa XOGADE no CEIP Plurilingüe da Reigosa.

Nesa xornada xuntámonos os nenos, nenas, mestres e mestras de todos os colexios e institutos de Terra de Montes, ademais dos representantes dos distintos concellos da zona. Eramos cerca de 700!

Como bos participantes nas distintas xornadas entregáronnos medallas para todos e unha copa por categoría.

Aquí vos deixamos unhas fotos recordatorias do evento:

















Descubrindo coas familias en infantil

Este ano as nosas nais e os nosos pais propuxéronnos uns obradoiros moi divertidos nos que aprendemos un montón de cousas.

Coñecimos as ciencias co obradoiro de experimentos:






Pasámolo xenial xogando en equipo:




Aprendemos moito sobre vexetais  nas hortiñas que fixemos :





E por último elaboramos unhas manualidades con material de refugallo chulísimas!!






Moitas gracias mamis e papis por participar!

Teatriño de sombras

Os voluntarios da biblioteca fixemos o conto do Parrulo Feo cun teatriño de sombras. Este conto saíu como resultado da votación na que participamos todo o cole, onde eliximos o noso conto infantil preferido.
Mirade que ben o fixemos!

venres, 8 de xuño de 2018

Traballos de reciclaxe

Este ano en inglés, tamén traballamos co proxecta "Fornelízate coa reciclaxe"...Aprendemos un montón de vocabulario!!


Os nenos e  as nenas de primeiro ciclo utilizamos o papel reciclado para elaborar a nosa árbore cos versos dun poema de María Victoria Moreno. Reciclamos e reutilizamos!! Obxectivo cumprido!!


As nenas e os nenos de Educación Infantil, na clase de estimulación da linguaxe, fixemos uns xogos con material reciclado (xornais, revistas, botellas de plástico...) para practicar o sopro. Pasámolo moi ben! Aquí vos deixamos fotos de como fixemos e sopramos: