xoves, 28 de febreiro de 2019

XOGADE EN PONTECALDELAS

O pasado xoves 21 de febreiro os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º disfrutaron da primeira xornada de xogade deste curso.


Esta celebrouse no CEIP Cordo Boullosa, en Pontecaldelas.


Alí tivemos unha bonita acollida por parte dos alumnos e alumnas así como dos mestres e mestras. 

Xogamos a unha chea de cousas: balonmán, baloncesto, fútbol, xadrez e mesmo xogamos mesturados ambos colexios a un xogo que nos encanta a todos: o Datchball.

O mellor da xornada foi que se celebrou sen incidentes e que o pasamos estupendamente como mostran as fotos que podedes ver a continuación:












DÍA DA PAZ

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ


No CEIP Doutor Suárez tamén conmemoramos o día da paz e a amizade que se celebra o 31 de Xaneiro.


Comezamos xa fai uns días elaborando uns fermosos cadros ó estilo dos que pintaba Kandinsky, moi fermosos e coloridos.

Logo, colocámolos formando un gran cadro na entrada do cole e fixémoslle un marco moi especial, as mans de todos os nenos e nenas do cole así como as dos mestres e mestras estampadas en sinal da paz e a amizade.

Para rematar o cadro, o día da paz, pintamoslle unha pomba enriba coa axuda de dous nenos/as de cada curso e dous mestres. 

Mirade que bonito nos quedou o cadro!













Logo cantamos pola paz unha canción de Pablo Díaz chamada "Día da Paz". Vaia cantantes que temos neste cole!






e para rematar, como vimos xa facendo dende fai uns anos compartimos unha riquísima chocolatada. Que boa que estaba!















martes, 12 de febreiro de 2019

Mar de Vigo

VISITA Ó MUSEO MAR DE VIGO


Os nenos e nenas de 3º ,4º, 5º e 6º visitaron este pasado mércores o museo Mar de Vigo.


Alí coñeceron as orixes da vida, fixeron unha réplica dun fósil de trilobite e un de amonite e coñeceron moitas curiosidades sobre os peixes visitando o seu acuario.


Aquí vos deixamos unha mostra da visita.














domingo, 3 de febreiro de 2019

VISITA AOS VIVEIROS DE SAN FRANCISCO

     O pasado mércores, 30 de xaneiro, os nenos e nenas de infantil e de 1º e 2º de primaria fumos a Vigo, a visitar os Viveiros de San Francisco. 
Unha vez alí, o primeiro que fixemos foi tomar a nosa merenda. Despois da "longa" viaxe no bus tiñamos todos/as moita fame!!!!




     Despois da merenda puxémonos mans á obra. Coñecimos o moito que traballan no centro e ensináronnos o resultado do seu traballo. Quedamos abraiados co tamaño das follas da coliflor, son case tan grandes coma nós!!!!







    Tamén nos ensinaron a plantar sementes e como coidalas para que crezan. Botamos terra, diferentes sementes, regamos...Foi unha experiencia moi divertida!!!!













     Tamén tivemos a oportunidade de plantar no invernadeiro...










    E, finalmente, pasamos un ratiño moi divertido cos debuxos que nos tiñan preparados...






     Foi un día moi especial no que coñecimos a xente marabillosa que nos ensinaron moitísimas cousas. 
Moitas grazas a todos/as polo voso tempo e polo agasallo , prometemos poñer en práctica todo o aprendido!!!
GRAZAS!!!!!