martes, 10 de decembro de 2019

DE SAÍDA!

O mércores todos os nenos e todas as nenas do cole fumos de saída a Pontevedra.
Os máis pequenos e pequenas do cole foron ver a obra de teatro "A nena, o grilo e máis aló" pero antes de nada, pasamos polo parque a xogar, investigar e sobretodo...almorzar!!



Ao rematar, marchamos cara o teatro, sentamos nunhas butacas moi cómodas e disfrutamos dunha obra moi chula!! Incluso tiña música!!

       



Por outra banda, os máis maiores do cole tamén fixeron a súa parada de ocio no parque novo de Campolongo. Disfrutaron la tirolina, do tobogán xigante e pasaron un rato moi divertido.


Despois marchamos ao Café Moderno onde participamos nun obradoiro de Arte Contemporánea por equipos 


Traballamos entre todos e todas e expusimos as nosas obras

Ao rematar visitamos a exposición


Pasámolo en grande!!!