martes, 27 de febreiro de 2018

Reciclando o Entroido

Este ano continuando o proxecto de reciclaxe que temos no cole, decidimos elaborar disfraces que fosen coidadosos co noso planeta. Quixemos non mercar material novo, utilizar elementos de refugallo e botar man do que xa tiñamos pola casa ou polo cole.
As nenas e nenos de infantil fomos de robots, 1º,2º e 4º, escollemos ir de agasallos, 3º decidiu disfrazarse coa regra dos tres erres, e 5º e 6º vestíronse de cubo de Rubik.
Aquí podedes ver as imaxes do ben que o pasamos!

luns, 26 de febreiro de 2018

2ª XORNADA DO XOGADE

XOGAMOS CO CEIP MANUEL CORDO BOULLOSA


O pasado martes tivemos a visita dos nenos e nenas do CEIP Manuel Cordo Boullosa.

Nesta xornada xogamos a baloncesto, balonmán, fútbol sala e xadrez.

Ademáis de adquirir moitos dos valores que transmite o deporte como o respecto aos compañeiros e rivais, o xogo limpo ou o traballo en equipo, merendamos conxuntamente como unha gran familia e sobre todo pasámolo moi ben!

Aquí vos deixamos algunha mostra desta xornada.




luns, 19 de febreiro de 2018

Día da Paz

Este ano traballamos moito para celebrar este día. Entre todos e todas fixemos cadeas de pombas. Había de todas as cores, de diferentes materiais e con diversas mensaxes. Quedáronnos moi bonitas!


Seguidamente escoitamos un fermoso conto sobre a vida de Wangari Maathai representado pola clase de 5 anos. Se pinchades no enlace podédelo ver. Temos uns futuros actores e actrices de primeira!

 

 Para descansar e relaxarse un pouco, tomamos un delicioso chocolate feito polas nosas cociñeiras.



Para rematar o día, tivemos una gran sorpresa: A actuación do grupo Mbolo Mooye na que aprendemos a tocar instrumentos de percusión africanos e cantamos e bailamos cancións de diferentes culturas. Pasámolo xenial!!