martes, 4 de febreiro de 2020

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS



O pasado sábado 1 de febreiro celebrouse en Vigo o Campionato Provincial de Campo a través.

O CEIP Doutor Suárez tiña dúas grandes corredoras clasificadas para ir a ese campionato por quedar entre as 10 mellores da súa categoría na carreira dos colexios de Terra de Montes, Dunia e Nuria de 5º de primaria.

Por sorte poidemos contar coa representación de NURIA nese campionato provincial. 

Aínda que a carreira foi dura foi unha gran experiencia para ela e unha gran emoción para nós e para a súa familia que participase.

Noraboa Nuria!!














Día da Escolar da Non Violencia e da Paz

Coma todos os anos, no noso cole celebramos o Día da Paz xa que entendemos que debemos saber vivir e convivir con todas as persoas que están ao noso redor.

Nesta edición, xuntámonos todos e todas as nenas e mestres do cole no ximnasio onde fixemos unha versión da canción Imagine de John Lennon con mensaxes de paz e pouco despois cantamos e bailamos a canción de All you need is love que preparamos coas mestras de Inglés e múscia.
Fixémolo xenial!!




A continuación disfrutamos dunha xornada de convivencia e lecer a través de diferentes obradoiros que prepararon as mestras e mestres.
Fixemos mandalas, grafitis, lecturas e cociñamos galletas. 

Obradoiro de grafitis




          






Obradoiro de cociña








Obradoiro de mandalas






Obradoiro de lectura