mércores, 14 de marzo de 2018

8 de marzo. Día Internacional da Muller

O alumnado de 5º e 6º de primaria participamos no concurso de carteis cara ao 8 de marzo.
Na clase de 6º, tamén traballamos os estereotipos nos contos tradicionais. Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo. Foi moi interesante e enriquecedor traballar pola igualdade. Ben por nós!

luns, 12 de marzo de 2018

CHARLA SEGURIDADE NA REDE

CHARLA SEGURIDADE NA REDE


Os nenos e nenas de 5º e 6º asistiron a unha charla sobre a seguridade na rede da man da Policía.

Dende o seu coñecemento e experiencia, os policías transmitíronnos a importancia da seguridade nos nosos equipos: ordenadores, tablets, teléfonos, ...
Así mesmo, fixéronnos reflexionar sobre a importancia da información que se transmite a través da rede, mostráronnos algunhas das vantaxes e inconvenientes do seu uso e invitáronnos a facer un uso responsable de Internet.

Aprendemos un montón!


APRENDENDO PRIMEIROS AUXILIOS

CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS

Tras uns días de descanso celebrando o entroido, os nenos e nenas do CEIP Doutor Suárez aprenden técnicas de primeiros auxilios:  RCP, atragoamentos,...