martes, 22 de novembro de 2016

VISITA Á ÁREA ARQUEOLÓXICA DE TOURÓN

O pasado venres 11 fomos de excursión e coñecemos a arte rupestre dos nosos antepasados.

Vimos numerosos petróglifos e entramos no centro de interpretación. Gustounos moito!

xoves, 17 de novembro de 2016

Magosto e xogos populares

O vernes 11 de novembro celebramos o Magosto no cole. Comimos castañas que preparou o ANPA, fixemos xogos populares e celebrouse un partido de futbol-sala entre mestres e alumnos. Que ben o pasamos!!!


mércores, 16 de novembro de 2016

SAMAÍN 2016

Polo Samaín traballamos moito. Fixemos unha exposición de cabazas:
Tamén contamos terroríficas historias e conxuros. Ata vimos meigas preparar beberaxes! O alumnado de sexto de primaria prepararou unha obra de teatro que podedes ver no seguinte enlace:
 Para rematar, a clase de sexto de infantil cantou esta bonita canción:

 

SONS DA PREHISTORIA

O alumnado de 6º interpretou a súa propia partitura utilizando sons unicamente producidos co corpo. Abaixo podedes ver as dúas versións. Cal vos gusta máis?

martes, 15 de novembro de 2016

Castelao

O pasado venres 4, Polo Correo do Vento ofreceunos una charla informativa sobre Castelao. Tamén levamos para casa unha camiseta debuxada por nós dunha caricatura de Castelao. Pasámolo moi ben!

xoves, 10 de novembro de 2016

Día das Bibliotecas Escolares

O pasado 23 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Durante a mañá collemos as mochilas viaxeiras e despois do recreo xuntámonos todos para ensinarlle ao resto do cole a nosa parte do traballo da Prehistoria. Aprendemos un montón de cousas!
Nos seguintes enlaces podedes ver as nosas exposicións:



Aquí podedes ver algúns murais das clases de infantil: