venres, 19 de xuño de 2020

6º DESPÍDESE DO COLE

Despois de moitos anos xuntos e xuntas no cole, compartindo camiño, chega o momento de despedir ao alumnado de 6º.

Este ano está sendo un fin de curso extraño e excepcional, e a clase de 6º non quería marchar sen compartir o seu cariño nunha despedida moi especial! Vai este agasallo sorpresa para todo o cole!!!

Esperamos que vos guste!


OS VOSOS RECUNCHOS FAVORITOS

Xa chegou o último día de cole!!!

E pra despedirnos quero compartir por aquí unha pequena sorpresa...

OS VOSOS RECUNCHOS FAVORITOS DE FORNELOS

Gracias a todos e a todas por participar!

Fornelos está cheo de recunchos marabillosos! 

"Se cuida lo que se ama, 
y se ama lo que se conoce"

Coñecede, amade e coidade a vosa terriña.



BO VERÁN!


xoves, 4 de xuño de 2020

FORNELOS: O TEU RECUNCHO FAVORITO


Bos e marabillosos días! 
Mirade como medraron as nosas landras! 
Temos un feixe de mini carballos agardando por nós no viveiro do cole!!!





Fermoso, verdade?

Pois antes de despedirnos do curso temos unha proposta:


ACTIVIDADE PARA TODO O COLE

Queremos xuntar FOTOS de cada unha das 7 PARROQUIAS de Fornelos para poñer en valor o patrimonio natural desta paraxe increible que nos rodea. Imos!