martes, 26 de novembro de 2019

O MAGOSTO


CHEGOU O MAGOSTO!!


 Un ano máis, no CEIP Doutor Suárez celebramos o tradicional magosto, unha xornada de convivencia na que non faltaron as castañas, as cancións, os xogos tradicionais galegos e por suposto as risas.

Comezamos merendando unhas castañas ben ricas:




A continuación, os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º cantaron a canción "As castañas do magosto" mentras os de 5º e 6º ademáis de cantar fixeron o acompañamento instrumental xunto coa profe de música que tocaba o acordeón.

Foi unha actuación increíble!!





Por último, para clausurar a xornada, fomos ó ximnasio a xogar aos xogos tradicionais que tanto nos gustan.




Pasámolo xenial!!


25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Contra a violencia de xénero que sufren tantas mulleres, no CEIP Doutor Suárez decidimos abrir unha "Porta violeta" como expresou Rozalén, para liberarnos desta lacra social que nos persegue.


Os nenos e as nenas de infantil realizaron un lazo coas súas mans

Os nenos e nenas de primaria realizaron diferentes actividades:
-Puerta violeta e consellos na porta do ximnasio







 Os nenos e as nenas de 5º realizaron unha historia e un vídeo tras traballar coa canción 



DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

O 20 de Novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas...
No noso cole, traballamos esos dereitos que moitos nenos e moitas nenas do mundo aínda non teñen: dereito a un nome; a ir a escola; a unha sanidade ou incluso dereito a ser eles e elas mesmas.

Cada clase plasmou nun globo de cores o dereito que quería reivindicar para todos os nenos a todas as nenas do mundo para posteriormente, pegalos nun mural que decora as escaleiras principais do cole.


  


mércores, 13 de novembro de 2019

SEMENTE VIVA

Presentámosvos un dos proxectos deste ano: Semente Viva. 
Empezamos creando un viveiro forestal onde medrarán especies arbóreas autóctonas, como carballos ou castiñeiros. Para iso formamos un marabilloso equipo, onde cada un aporta o seu grao de area. Mirade como foi o proceso:

O Concello de Fornelos tróuxonos as madeiras coas que construimos as sementeiras.
O alumnado de 6º mediunas e aproveitaron para practicar contidos matemáticos coas estruturas. Disfrutaron moito ese día!







Algunhas familias botaron unha man na construción das sementeiras. Tamén aportaron moita enerxía e ideas a este lindo proxecto.  Mirade que bonitas quedaron!



O axente forestal Manuel Ogando tróuxonos terra e un feixe de propostas para facer o resto do ano.

E hoxeee... despois de moitos días de chuvia…. puidemos saír a recoller sementes, por fin!
O profesorado e máis todo o alumnado collimos unha morea de landras, e xa de paso deixamos un pouco máis limpo de lixo o noso monte. Tod@s podemos mellorar o noso entorno!





 Botamos as landras nun caldeiro con auga, as boas afundiron, e as que estaban en mal estado (baleiras por dentro) flotaron na superficie. Así seleccionamos as mellores sementes!




E por último plantámolas nas sementeiras!



Formamos un bo equipo, verdade? Cando colaboramos xunt@s conseguimos o que queremos.
Moitas gracias a todas e a todos!







martes, 5 de novembro de 2019

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Como cada ano, o Samaín forma parte das nosas celebracións do cole. Esta vez fixémolo o xoves 30 cunha xornada de talleres de maquillaxe, pelis de medo e outras actividades.

Durante esa semana, decoramos o cole con vasoiras feitas polos nenos e as nenas e as súas familias. Deixaron o cole terroríficamente bonito!




Durante a mañá pasamos polos talleres de maquillaxe e despois fumos ó salón de actos xa que os compañeiros e compañeiras de 6º e o director Suso, tíñannos unha obra de teatro! 




Pasámolo xenial e disfrutamos moito....só había que ver as nosas caras!








Ao rematar a obra subimos ó escenario a cantar a canción de Halloween que nos ensinou a profe Ana en inglés. 



E para rematar, disfrutamos dunha sesión de cine de medo! con entradas e todo!




ATA O ANO QUE VEN SAMAÍN!