O pasado venres comemos unhas deliciosas castañas feitas nun treneciño.
Aquí podedes ver algunhas fotos do moito que comemos:
Despois xogamos en equipos a diferentes xogos tradicionais. Mirade que ben o pasamos!
luns, 10 de decembro de 2018
VISITA A MONDARIZ
VISITA A MONDARIZ
O día 8 de Novembro os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º e os mestres fixemos unha visita á vila de Mondariz.
Primeiro descubrimos como é o proceso de embotellamento da auga na fábrica AUGAS DE MONDARIZ. Alí mostráronnos onde almacenan a auga que extraen do acuífero, o proceso de formación das botellas, enchido, embasado e etiquetado dos diferentes formatos de botellas de auga e refrescos que teñen, así como o laboratorio onde a analizan.
Quedamos alucinados co listos que son os robots!!
Logo fomos a merendar á Gandara, a fonte de auga termal da vila. Esta auga ten moitas propiedades curativas. Iso si, o seu cheiro non nos cautivou. E logo coas barrigas ben cheíñas paseamos polo parque que hai nas súas inmediacións.
E como cada vez que saímos de excursión o mellor foi que o pasamos moi ben e aprendemos moitas cousas.
Esperamos que vos guste a nosa viaxe!
martes, 4 de decembro de 2018
VISITA AO SUPERMERCADO
O día 8 de novembro os nenos e nenas de infantil e de 1º e 2º de Primaria fixemos unha saída para visitar o supermercado Froiz en Pontecaldelas.
Percorremos todas as seccións e aprendemos moitas cousas sobre o traballo dos profesionais que alí traballan.
Para rematar vimos como facían o pan no forno do supermercado, e ata nos deron a probar un anaquiño!!!!
Despois da visita ao supermercado fumos tomar a merenda á biblioteca de Pontecaldelas...
Ao rematar a merenda unha sorpresa nos estaba esperando!!!!! A avoa de Nico (infantil) tiña preparado un conto para todos os nenos/as, o elefante Elmer!!!!! Estivemos todos moi atentos; Elmer é un dos nosos contos preferidos.
E como remate deste día tan especial puidemos coñecer como funciona o reloxo da biblioteca, quedamos abraiados !!!!!
SAMAÍN 2018
O pasado mércores 31 de outubro celebramos o Samaín no noso cole.
Para celebrar esta festa primeiro tivemos que vestirnos para a ocasión e tamén fixemos un obradoiro de maquillaxe. A verdade é que dabamos moito meeeeeedo...
Despois asistimos a unha obra de teatro das nenas e nenos de 6º de Primaria. A historia dun home lobo que recorría os montes de Fornelos. Dámoslle as grazas a Hugo (4º EP) por darnos a idea. Fixérono moi ben, estabamos todos/as moi atentos esperando saber o final da historia entre o lobo e a profe Mar...
E para finalizar fumos á nosa biblioteca para ver todos xuntos a peli de "Coco", gustounos moitísimo!!!!!!!
Foi un día moi divertido, pasámolo de medo!!!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)