mércores, 26 de novembro de 2014

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

OLA FAMILIAS, NENOS E NENAS!!!!

ESTREAMOS O BLOGUE DESTE CURSO CUNHA CELEBRACIÓN MOI IMPORTANTE:



O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O Equipo de biblioteca e os nenos e nenas traballaron a reo para que todo saíse ben, pero pagou a pena.


COMPROBÁDEO VÓS MESMOS. ESPEREMOS QUE VOS GOSTE:




1ª ACTIVIDADE: A MOCHILA VIAXEIRA

Coincidindo coa celebración do día das bibliotecas púxose en marcha á máis paseanta do cole:

A MOCHILA VIAXEIRA!!!

Xa saíu para a casa dos primeiros nenos. Esperamos que desfrutedes duns momentos de lecer  en familia, cunha das mellores compañas, que son os libros. Xa nos contaredes as vosas impresións, desexos, suxerencias...... e todo o que se vos ocorra.



2ª ACTIVIDADE : O XOGO DAS PISTAS



 



  3ª ACTIVIDADE: A DECORACIÓN DAS BIBLIOTECAS DE AULA






ADEMAIS O EQUIPO DE BIBLIOTECA INFORMA DE QUE AO LONGO DO CURSO IRÁ PROPOÑENDO DIFERENTES TEMÁTICAS NAS QUE O ALUMNADO PODERÁ PARTICIPAR VOLUNTARIAMENTE

MES DE OUTUBRO: O SAMAÍN

Haberá expostos varios libros coa temática do samaín e o alumnado que así o desexe poderá presentar un traballo dun destes libros.

Están rematados xa os traballos do mes de outubro e pódense ver  no taboleiro que se atopa en fronte á porta da biblioteca:













PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS !!!!

SEGUIDE ASÍ!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario