luns, 19 de febreiro de 2018

Día da Paz

Este ano traballamos moito para celebrar este día. Entre todos e todas fixemos cadeas de pombas. Había de todas as cores, de diferentes materiais e con diversas mensaxes. Quedáronnos moi bonitas!


Seguidamente escoitamos un fermoso conto sobre a vida de Wangari Maathai representado pola clase de 5 anos. Se pinchades no enlace podédelo ver. Temos uns futuros actores e actrices de primeira!

 

 Para descansar e relaxarse un pouco, tomamos un delicioso chocolate feito polas nosas cociñeiras.



Para rematar o día, tivemos una gran sorpresa: A actuación do grupo Mbolo Mooye na que aprendemos a tocar instrumentos de percusión africanos e cantamos e bailamos cancións de diferentes culturas. Pasámolo xenial!!

1 comentario:

  1. Mbolo Mooye Doolé....significa "A Unión fai a Fuerza" e vaia que si o sentimos. Foi un día de paz e de fraternidade. Xuntos aprendimos xogando.

    ResponderEliminar