luns, 12 de marzo de 2018

CHARLA SEGURIDADE NA REDE

CHARLA SEGURIDADE NA REDE


Os nenos e nenas de 5º e 6º asistiron a unha charla sobre a seguridade na rede da man da Policía.

Dende o seu coñecemento e experiencia, os policías transmitíronnos a importancia da seguridade nos nosos equipos: ordenadores, tablets, teléfonos, ...
Así mesmo, fixéronnos reflexionar sobre a importancia da información que se transmite a través da rede, mostráronnos algunhas das vantaxes e inconvenientes do seu uso e invitáronnos a facer un uso responsable de Internet.

Aprendemos un montón!


Ningún comentario:

Publicar un comentario