xoves, 19 de abril de 2018
Visita a Sogama e Santiago de Compostela
O pasado martes fomos coñecer Sogama. Aprendemos moito sobre como axudar ao medio ambiente seguindo os 3R: "Reducir", "Reciclar" e "Reutilizar", e explicáronnos as instalacións.
Leváronnos a ver a zona de tratamento dos residuos moi ben equipados:
Vimos ao pulpo e outras máquinas en funcionamento:
Para calmar a nosa fame, comemos nun parque moi acolledor preto dun río.
Seguidamente montamos no autobús cara o próximo destino: Santiago de Compostela. Para algúns de nós, era a primeira vez que mirabamos a Catedral. No seu interior abrazamos ao Apóstolo e vimos a súa tumba.
Por último, paseamos polas principais prazas antes de voltar ao cole. Pasámolo xenial!
luns, 16 de abril de 2018
4ª XORNADA DE XOGADE
Os nenos e nenas do CEIP de Carballedo viñeron o pasado día 5 de abril ó noso cole para disfrutar todos xuntos dunha xornada de xogos e actividades deportivas.
Xogaron e merendaron conxuntamente, pasárono xenial!
Xogaron e merendaron conxuntamente, pasárono xenial!
3ª XORNADA DE XOGADE
Os nenos e nenas do CEIP Doutor Suárez desprazáronse ata o CEIP A Reigosa para gozar dunha nova xornada do programa xogade.
Pasárono moi moi ben, ademáis de socializar e mellorar as destrezas motrices.
Pasárono moi moi ben, ademáis de socializar e mellorar as destrezas motrices.
martes, 3 de abril de 2018
O Robot Emilio
Os nosos compañeiros/as da clase de 5 anos inventaron unha obra de teatro. Mirade que artistazas temos no cole!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)