xoves, 19 de abril de 2018

Visita a Sogama e Santiago de Compostela

O pasado martes fomos coñecer Sogama. Aprendemos moito sobre como axudar ao medio ambiente seguindo os 3R: "Reducir", "Reciclar" e "Reutilizar", e explicáronnos as instalacións.



Leváronnos a ver a zona de tratamento dos residuos moi ben equipados:




Vimos ao pulpo e outras máquinas en funcionamento:





Para calmar a nosa fame, comemos nun parque moi acolledor preto dun río.


Seguidamente montamos no autobús cara o  próximo destino: Santiago de Compostela. Para algúns de nós, era a primeira vez que mirabamos a Catedral. No seu interior abrazamos ao Apóstolo e vimos a súa tumba.

Por último, paseamos polas principais prazas antes de voltar ao cole. Pasámolo xenial!


Ningún comentario:

Publicar un comentario