xoves, 21 de marzo de 2019

VISITA AO MUSEO DO MAR (VIGO)

         Os nenos e nenas de Infantil e de 1º e 2º de Primaria, pasamos unha maña moi divertida, na que aprendemos moitas cousas interesantes. Fumos visitar o Museo do mar, en Vigo.
Como tiñamos tantas ganas de estar alí, chegamos un pouquiño antes da hora. Merendamos fóra, polo que puidemos disfrutar dunhas vistas impresionantes. 



    Despois, dividímonos en dous grupos. Os de Infantil foron ver o acuario, e os alumnos/as de Primaria, os obradoiros. 
O acuario foi unha experiencia marabillosa para todos, coñecimos moitos peixes novos e como viven e se alimentan, peixes da costa como os sargos ou as doradas; peixes da ría e incluso, peixes que se atopan preto das Illas Cíes, como as chopas ou as obladas. 
Tamén vimos cousas que non nos gustaron tanto, a cantidade de plástico que as persoas botamos ao mar e que tanto dano fan á nosa fauna mariña. 
So hai que ver as nosas cariñas de ilusión para darse conta do moito que disfrutamos vendo os nosos peixes...














Os obradoiros tamén resultaron ser moi interesantes. Vimos dentes de raia, e quedamos abraiados polo pequenos que son. 
Tamén tivemos a oportunidade de ver e tocar, un fósil, un dente enorme de "megalodón". Vimos a boca dun tiburón...e descubrimos que as algas, cómense!!!!!








Rematamos este día tan estupendo, paseando un ratiño pola praia. Que ben o pasamos!!!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario