mércores, 13 de novembro de 2019

SEMENTE VIVA

Presentámosvos un dos proxectos deste ano: Semente Viva. 
Empezamos creando un viveiro forestal onde medrarán especies arbóreas autóctonas, como carballos ou castiñeiros. Para iso formamos un marabilloso equipo, onde cada un aporta o seu grao de area. Mirade como foi o proceso:

O Concello de Fornelos tróuxonos as madeiras coas que construimos as sementeiras.
O alumnado de 6º mediunas e aproveitaron para practicar contidos matemáticos coas estruturas. Disfrutaron moito ese día!







Algunhas familias botaron unha man na construción das sementeiras. Tamén aportaron moita enerxía e ideas a este lindo proxecto.  Mirade que bonitas quedaron!



O axente forestal Manuel Ogando tróuxonos terra e un feixe de propostas para facer o resto do ano.

E hoxeee... despois de moitos días de chuvia…. puidemos saír a recoller sementes, por fin!
O profesorado e máis todo o alumnado collimos unha morea de landras, e xa de paso deixamos un pouco máis limpo de lixo o noso monte. Tod@s podemos mellorar o noso entorno!





 Botamos as landras nun caldeiro con auga, as boas afundiron, e as que estaban en mal estado (baleiras por dentro) flotaron na superficie. Así seleccionamos as mellores sementes!




E por último plantámolas nas sementeiras!



Formamos un bo equipo, verdade? Cando colaboramos xunt@s conseguimos o que queremos.
Moitas gracias a todas e a todos!







Ningún comentario:

Publicar un comentario