luns, 13 de xaneiro de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2019

Despedímonos do 2019 co noso fabuloso Festival de Nadal. Temos un cole cheo de artistas, mirade!

O alumnado de Infantil interpretou esta bonita e divertida panxoliña teatralizada chamada "Buscando a Papá Noel na árbore de nadal". Atoparíanno?


A festa continuou da man do alumnado de 1º e 2º coa interpretación dunha versión en galego do famoso tema "O bla di, o bla da" dos Beatles. Moi orixinal!


Cando empezamos coas panxoliñas xa non hai quen nos pare. O alumnado de 3º agasallounos tocando e cantando "A Belén quero marchar". Bravo!



Tamén o alumnado de 4º quixo aportar o seu bofacer musical e prepararon una panxoliña.. en inglés! É o coñecido tema "Last Christmas". Quedou estupenda coa súa dramatización, non vos parece?



E para cambiar un pouco, o alumnado de 5º preparou con moito agarimo e moito traballo unha divertida obra de teatro titulada "Deixa de roncar". Seica o Apalpador ten un pequeno problemiña… Queredes descubrilo?



Tamén nos mostraron as súas habilidades e destrezas colaborativas cunha dinámica mostra de Acrosport. Increíble! 



E por último chega o alumnado de 6º!! Tiñan moita ilusión, xa que se despiden este ano do cole, polo que foron os elexidos para presentar o festival. Ademáis, representaron unha divertida obra de creación propia chamada "O Congreso de Nadal" na que nos contan que "outro nadal é posible". 


 

E como non, fixeron tamén a xa tradicional mostra de Acrosport. Bo traballo!




Como cada ano, o festival foi todo un éxito! Os aplausos foron merecidos, polo esforzo demostrado, e os sorrisos foron moitos tamén. Saímos moi contentos tanto o alumnado, o profesorado coma as familias. Gracias a todos!

Para despedirnos quixemos cantar unha última panxoliña tod@s xunt@s, e así despedimos tamén esta entrada no noso blog, co fermoso "Tiru Lariru" interpretado por todo o alumnado de Infantil e Primaria.
E como di a letra: "Hoxe aquí en Fornelos, queremos cantar, todos xuntos unidos, que viva o nadal!"



Ningún comentario:

Publicar un comentario