martes, 22 de maio de 2018

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Chegou o 17 de maio e con el a celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano adícaselle á ilustre escritora e tamén mestra MARIA VICTORIA MORENO. Para celebralo, no cole fixemos actividades ó longo de toda a semana coas que aprendemos non só sobre esta escritora senón sobre a nosa lingua e a nosa cultura.

O luns, os nenos de 5º fixeron unha presentación da autora homenaxeada, ademais de presentarnos uns vídeos para invitarnos á reflexión sobre a importancia da nosa lingua e a nosa cultura, a cal temos que coñecer e conservar.
O martes, os de 5º déronlle renda solta á súa imaxinación, canto nos fixeron rir coas súas regueifas!


O mércores foi o gran día no que todos os cursos mostraron as súas habilidades artísticas.










Unha vez rematadas as actuacións fixemos unha xornada de xogos populares no patio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario