martes, 8 de maio de 2018

Excursión a Apípolis

O pasado mércores tivemos a oportunidade de coñecer o mundo das abellas en Apípolis. O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria aprendemos un montón sobre estes pequenos insectos tan necesarios para a natureza.
Faláronnos das colmeas, das abellas raíñas, dos abázcaros, das abellas obreiras...Tamén fixemos mel e velas que nos quedaron chulísimas!
Estivemos moi atentos ás explicacións que nos deron e incluso aprendemos a cociñar galletas.
O momento máis emocionante foi cando entramos á zona das colmeas vestidos de apicultores.
Pasámolo xenial!






Ningún comentario:

Publicar un comentario